AliciaG

Faino ti!

0

Do it yourself!, que se traduce ao galego como faino ti mesmo!, é un movemento que consiste na fabricación ou reparación de cousas na casa. Naceu como unha tendencia asociada á loita anticapitalista, pero hoxe é unha realidade que vai máis alá e que entra en boa parte das habilidades creativas da sociedade.

Artesanía, arte ecolóxica, cervexa, bricolaxe, punto… Son moitos os eidos nos que podemos atopar mostras desta tendencia do faino ti!, algo que en ocasións permite aforrar cartos, é unha alternativa de ocio e ademais é unha estratexia para aprender.

Pero tamén ten xerado unha actividade económica. É raro que as cidades non teñan algún negocio ligado a esta tendencia, ofrecendo produto co que fabricar ou dando clases –en moitas ocasións compatibilízanse as dúas cousas– a aquelas persoas interesadas en afondar nalgunha disciplina.

Non sabes por onde empezar? Unha opción é probar a fabricar cervexa na casa, sen grande investimento e aproveitando os útiles habituais da cociña.

kIT CERVEXA

Outra posibilidade é mirar as oportunidades que ofrece o teu barrio ou vila para sumarte a un club de calceta e preparar un kit contra o frío para o próximo inverno.

As opcións son case infinitas… Ti fas algo?

E logo, qué pensas?