AliciaG

Falaba galego, nin papa de italiano e bebía ribeiro: así era Cristovo Colón

0

Bebendo viño do Ribeiro e falando en galego. Así chegou Cristovo Colón a América. Un vez alí, bautizou compulsivamente con nomes galegos todo o que ía atopando e lle lembraba a Galicia: O Frade, Punta Lanzada, Pedra Blanca, Punta Moa, Pedra Longa, Punta Placeres, Barbadas, Punta Fraxilde… Así ata os case 200 topónimos galegos que aínda hoxe atopan unha sorprendente correspondencia, que non pode ser casual, en América.

A investigación que Celso García de la Riega presentou por primeira vez en 1898, na que sostiña que Cristovo Colón era galego e pola que foi acusado de falsear documentos, parece hoxe incontestable. Aquela falacia sobre o traballo de García de la Riega foi desmontada fai xa tres anos por o Instituto de Patrimonio Cultural, que autenticou todos e cada un dos documentos empregados polo investigador galego para armar a súa teoría.

Logo apareceron outras probas, como que o viño que Colón consumía e que levou a América era ribeiro, posiblemente branco. Ou que nas súas cartas de navegación e no seu diario aparecen nomes en galego, o mesmo idioma que el falaba. Curiosamente, sendo xenovés, como se decía, non falaba nin papa de italiano.

Por que? Porque Cristovo Colón sería en realidade Pedro Madruga (Pedro Álvarez de Soutomaior), un cabaleiro que se enfrontou aos reis católicos na Guerra de Sucesión. Perdida a guerra e pasado un tempo, Pedro Álvarez de Soutomaior, que era o seu nome completo,  decidiu solicitar o perdón da raiña Isabel e propoñerlle a súa viaxe as Indias. Ao final os reis  perdoáronlle e mesmo acordaron financiarlle a súa incrible travesía marítima, pero a cambio esixíronlle que mudara de identidade.

E así foi como en 1486 morreu Pedro Madruga ao tempo que entraba en escena un misterioso mariño xenovés que non entendía nin papa de italiano, escribía e falaba mesturando galego e español, bebía viño do ribeiro e, tras chegar a América, púxolle nomes galegos a todo o que ía descubrindo. Branco e en botella…

Así que agora que Barcelona debate sobre o derribo do monumento de Colón, tal vez debería mover ficha Galicia, reivindicalo para si e trasladalo, por exemplo, a Porto Santo, no de Poio para situalo ao lado da súa Casa Museo, un edificio moderno construído ao carón de dúas vellas casas de pedra que no seu día foron propiedade da familia do descubridor.

Carta de naútica con 45 topónimos galegos so da Ría de Pontevedra, presentada hai 3 anos pola Asociación Colón Galego e a Autoridade Portuaria de Marín.

 

 

 

 

E logo, qué pensas?