AliciaG

Festas gastronómicas para recibir xuño con bo sabor de boca

Estreamos mes. E con el comezamos a saborear o verán. Achégase a época preferida por moitas persoas para desfrutar do seu período estival e empeza tamén unha boa tempada de festas e feiras por toda a xeografía do país. E como comer hai que comer, facemos unha selección das festas gastronómicas que nos permitirán arrancar o mes de xuño con bo sabor de boca. Hai opcións para todos os gustos: dende viño ata peixes, pasando pola froita de tempada. Queres coñecelas? Aquí algunhas datas:

  • Festa do Viño Tinto do Salnés. Celébrase do 2 ao 4 de xuño en Barrantes, parroquia do Concello de Ribadumia (Pontevedra), nome co que se teñen alcumado estes viños. Como pregoeira estará a actriz Isabel Risco.
  • Festas da Cereixa. Entre o 2 e o 4 de xuño en Beade (Vigo) e os días 3 e 4 en Ribas de Sil (Lugo), celébranse sendas festas nas que degustar as primeiras cereixas da tempada.

CEREIXAS

  • Festa do viño tinto de Cenlle (Ourense). Celébrase os días 3 e 4 de xuño e é unha boa oportunidade para degustar estes caldos e coñecer as adegas da zona, pois se organizan rutas polas mesmas.
  • Festa do Peixe de Bande (Ourense). Durante a fin de semana do 9 ao 11 de xuño hai esta festa dedicada ao peixe de auga doce. Un evento con máis de catro décadas de tradición.
  • Festa da Tortilla de Vilarmaior (A Coruña). Celébrase o 11 de xuño na parroquia de Doroña deste municipio coruñés. Unha cita ineludible para os amantes dun dos pratos favoritos da gastronomía española.

Se non che cadra ben algunha destas opcións, sempre podes consultar as feiras e mercados da túa contorna, que a chegada de xuño ben merece, cando menos, un polbo á feira!

Bo proveito!

E logo, qué pensas?