AliciaG

Galicia coloca 14 lugares entre os máis raros e marabillosos do planeta, recompilados por unha das 50 mellores webs do mundo

0

Altlas Obscura é unha web que recompila lugares de todo o planeta para os que se esgotan os adxectivos: marabillosos, raros, insólitos, fantasmagóricos, únicos, deliciosamente estraños, asombrosos... Dende que foi creada no ano 2009 por Dylan Thuras e Joshua Foer, esta singular páxina web acumula máis de 12.000 sitios, unhas veces extravagantes, outras excepcionais, as veces  máxicos. A maior parte foron elixidos polos propios usuarios, pois trátase dunha web colaborativa que funciona dun xeito similar a Wikipedia. Iso si, unha vez aportado un espazo, os editores da guía encárganse de verificar que toda a información é correcta e as historias son boas. O obxectivo do portal é buscar unha forma distinta de mirar un mundo no que parece que todo foi explorado e non hai nada novo que atopar. Atlas Obscura encárgase de demostrar que non é así.

Pois ben, entre todos estes lugares figuran  14 de Galicia, un número proporcionalmente elevado tendo en conta que o portal inclúe 12.000 de todo o planeta, entre os que hai un pouco de todo: cidades en miniatura, igrexas decoradas con osos, casas construídas con papel, un xardíns de plantas velenosas, museos imposibles, unhas cataratas de sangue, unha ponte tecida a man, ou a mesma porta do inferno. En Galicia tamén hai de todo e entre os xa clásicos como a praia das Catedrais ou a Torre de Hércules, aparecen a misteriosa sombra do peregrino en Santiago de Compostela, o parque do Pasatempo en Betanzos ou a capela de cunchas da Toxa. Entre todos eles chama a atención a coñecida como A Trufa, do arquitecto Antón García-Abril. Trátase dun orixinal e experimental refuxio para invitados construído na Costa da Morte con.

As últimas incorporacións dende Galicia a esta web son o banco acústico de Santiago, a batería militar abandonada de Baiona e os muíños do Folón e o Picón. Algúns deste lugares xa foron obxecto de artigos por parte de este blog. É o coso da Trufa, o proxecto do arquitecto Antón García-Abril localizado en algún lugar da Costa da Morte; o banco acústico de Santiago ou o parque do Pasatempo, considerado o primeiro parque temático de Europa.

Os lugares galegos recollidos nesta web, que está considerada como un dos 50 mellores sitios de internet, son os seguintes:

A Trufa, na Costa da Morte.

 

Praia das catedrais, en Ribadeo.

 

Castro de Baroña, en Porto do Son.

 

Torre de Hércules, na Coruña.

 

Parque do Pasatempo, en Betanzos.

A muralla de Lugo.

 

A sombra do Peregrino, en Santiago de Compostela.

Parque dos menhires, na Coruña.

Capela das Cunchas, en A Toxa.

Museo de Mam, en Camelle.

Santa Minia, en Brión.

O banco acústico De Santiago.

Batería militar abandoada de Baiona.

Muiños de Folón e Picón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?