AliciaG

Galicia compite con Australia, EUA, Francia e Italia por ser a mellor zona de viños do mundo

0

Poucas rexións poden presumir, coma Galicia, de ter cinco denominacións de orixe de viño. E moitas menos provincias de posuír catro, como é o caso de Ourense. Ribeiro, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas… O potencial vitivinícola galego é brutal e cada vez máis recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras, pero sigue medrando. E en cuestión de días Galicia pode recibir un pulo definitivo, en Miami.

Competiremos ao outro lado do Atlántico por ser a mellor zona vitivinícola do mundo nun concurso anual que organiza a revista estadounidense Wine Enthusiast, unha das máis prestixiosas e influentes neste sector. De momento Galicia xa alcanzou varios fitos. Primeiro foi elixida mellor zona de viños de España e logo proposta para competir con outras catro rexións do planeta para facerse coa coroa mundial, dúas de Europa, unha de Australia e a última de Estados Unidos.

As candidatas, ademais de Galicia, son:

Margaret River (Australia).  Con preto de 200 adegas, destaca polos seus excelentes tintos  (Cabernets) e brancos (Chardonnais) ao estilo Bordeus.

Sonoma County (California – USA). Conta con 425 adegas censadas e con case todas as variedades.

O Suroeste de Francia. Variada produción de gran calidade e moi apreciada entre o consumidor norteamericano.

Umbria. Patrimonio da Humanidade, situada no centro de Italia e punto de referencia do turismo italiano. Viños como o Orvieto Branco e o Sagrantino dei Montefalco son exemplos do seu potencial.

 

E logo, qué pensas?