AliciaG

Galicia é a terceira comunidade de España con máis festas de Interese Turístico Internacional

0

Por número de habitantes somos a quinta comunidade do país. A undécima se do que falamos é de densidade de poboación. A sétima en superficie. E a novena en renda per cápita. Estamos aí, aí, na parte intermedia da táboa, un pouco máis arriba ou un pouco máis abaixo segundo o indicador que elixamos. Pero hai un en que estamos claramente no podio e con grandes expectativas de mellora. No das festas máis importantes e reñecidas non só en España, senón tamén fóra, polos seus valores culturales e tradicionais e polo seu atractivo entnolóxico e turístico.

Así, Galicia é a terceira comunidade do país cun maior número de festas de interese internacional, só por debaixo de Andalucía e Valencia e empatada con Murcia.

En total son 9 as celebracións, unhas relixiosas outras pagás, que colgan o cartel de interese turístico internacional:

  • Arribada, Baiona.
  • Semana Santa de Viveiro.
  • Semana Santa de Ferrol
  • Corpus Christi Ponteareas.
  • Fogueiras de San Xoán, A Coruña.
  • Rapa das Bestas de Sabucedo.
  • Festival Celta de Ortigueira.
  • Festa do Apóstolo, Santiago de Compostela.
  • Romaría Vikinga de Catoira.

Aínda que as festas de interese Turístico Internacional existen desde o ano 1980, a máis antiga das galegas é de 2001, as Festas do Apóstolo, seguida da Romaría Vikinga de Catoira, o Festival de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo e o Corpus Christi de Ponteareas, que obtiveron a declaración nos anos 2002, 2005, 2007 e 2009. A últimas festas galegas en ser declaradas de Interese Turístico Internacional foron a Arribada, de Baiona, e as Fogueiras de San Xoán, da Coruña, ambas no 2015. No medio foron premidas con esta distinción as semanas santas de Ferrol e Viveiro, no 2014 e 2013, respectivamente.

Son 9 pero poderían ser moitas máis, e de feito non tardarán en selo. A explicación está en que na categoría anterior, a de Festas de Interese Turístico Nacional, figuran algunhas das festas máis importantes de Galicia e que xa teñen solicitado (e sobre todo acreditado méritos suficientes) ascender de chanzo.

As festas de Interese Turístico Nacional de Galicia son:

  • Entroido de Xinzo.
  • Entroido de Verán.
  • Festa do Cocido de Lalín.
  • Festa da Lamprea de Arbo.
  • Festa do Pulpo de Carballiño.
  • Festa do Albariño.
  • Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa.
  • Festa da Istoria de Ribadavia.
  • Romaría da Virxe da Barca.
  • San Froilán, de Lugo.
  • Festa do Marisco do Grove.

E logo, qué pensas?