AliciaG

Galicia é a sexta comunidade de España onde se practica máis sexo… e o trío é a nosa principal fantasía

0

A nosa fantasía sexual máis frecuente é o trío, a nosa postura máis habitual o misioneiro e o lugar en que adoitamos facer o amor cando o facemos: a cama. Estes son algúns dos resultados do último barómetro sobre os mozos e mozas e o sexo que dende hai seis anos elabora unha coñecida marca de preservativos. Claro que tamén di que so o 13,5 dos galeg@s participou algunha vez nun trío ou que o 64% practica sexo polo menos unha vez á semana, cando en realidade lle gustaría facelo entre 2 e 3 veces (45,1%) ou incluso todos os días (33,1%).

A continuación resumimos algúns dos principais datos da enquisa, que sitúa galegas e galegos como os sextos en España por número de relacións ao ano (85), por detrás de cántabros e baleares (102), canarios (96,9), rioxanos (91,8) e murcianos (85,6). Estamos por riba da media nacional, que é de 80 relacións ao ano, aínda que tamén declaramos que nos gustaría ter 194,3: é dicir, máis do dobre.

  • A fantasía sexual máis habitual entre os galeg@s é o trío, pero só un 13,5% o practicaron.
  • A postura máis practicada é o misioneiro, seguido do canciño e a amazonas.
  • O lugar que máis empregamos para o sexo é a cama, por diante do sofá e a ducha.
  • Practicamos sexo unha vez cada 4,3 días, é dicir, polo menos unha vez por semana.
  • Isto supón que mantemos 85 relacións sexuais ao ano, o que nos sitúa como a sexta comunidade máis activa de España.
  • Claro que en realidade o que nos gustaría é ter 194,3 relacións ao ano, segundo declaramos na enquisa: máis do dobre.
  • A praia, o probador dunha tenda ou un ascensor son, por esa orde, os lugares onde nos gustaría practicar sexo.
  • Os galeg@s somos os sétimos de España con mellor valoración na cama, por detrás de Andalucía, Madrid, Canarias, Valencia e Cataluña. Iso si, somos os mellores para case o 7% dos enquisados.
  • Somos máis prematuros que a media de españois: a nosa primeira relación prodúcese aos 17,4 anos, fronte aos 17,7  de media nacional.
  • Máis da metade dos gale@s (exactamente o 54,9%) chegamos con facilidade ao orgasmo, tardando unha media de entre  10 e 30 minutos.
  • 0 75% dos galegos temos máis apetito sexual no verán.
  • E ao 47% gustaríalle ser infiel durante durante o estío, pero só o son o 33%. O 70% dos galegos e galegas nunca foron infieis ás súas parellas.

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?