AliciaG

Galicia acaba o ano como o terceiro mellor destino de Europa, só por detrás de Croacia e Suecia

0

Galicia está de moda. A proba é que cada vez e máis obxecto de desexo, polo menos como destino para viaxar. E máis concreta e especialmente para Lonely Planet, que é o mesmo que dicir que para unha das maiores editoriais de guías de viaxes do mundo, propiedade da BBC.

Así, Galicia rematará este ano sendo o terceiro mellor destino de Europa para pasar unhas vacacións, so por detrás de Zagreb (Croacia) e Gotland (Suecia). E por diante de Montenegro, Leeds (Inglaterra), Alentexo (Portugal), Norte de Alemaña, Moldavia, Pafos (Chipre) y El Havre (Francia). No ‘top ten’ dos mellores destinos en Europa para o que resta de ano, Galicia está no podio.

Lonely Planet refírese a Galicia como combinado único de paisaxes, gastronomía e cultura, concluíndo que se trata dun “destino máxico máis alá do Camiño de Santiago” e de un “país en si mesmo, coa súa propia lingua, a súa propia música, un impresionante patrimonio arquitectónico e una poboación acolledora”.

Na súa descrición, a editorial propiedade da BBC non aforra eloxios: “Máis de 1.000 km de costa arredor de longas enseadas, cantís de vertixe, bonitas vilas de pescadores e centos de praias. O seu marisco é dos máis saborosos que se poden saborear, e combina á perfección cos carismáticos viños galegos”.

Como non, na foto que ilustra a reportaxe dedicada aos mellores destinos europeos, Lonely Planet opta por a praia das Catedrais, que a cada paso se reafirma como un dos símbolos turísticos do país.

Nunha reportaxe máis ampla dedicada só a Galicia, John Noble, autor de Lonely Planet, repasa máis polo miúdo outros atractivos de Galicia, prestando especial atención a súa costa (cabos, acantilados e praias), pero tamén a súa arte, ao mundo celta ou a música.

Na foto da información, Santo André de Teixido.

E logo, qué pensas?