AliciaG

Galicia suma estrelas Michelín ata en Madrid

0

A Guía Michelin de España e Portugal 2017 ven de entregar o que é a máxima distinción no mundo da gastronomía: as Estrelas Michelín. España conta con en total con 203 restaurantes incluídos na cobizada lista: nove con tres estrelas, máximo galardón; 28 con dúas e 166 con unha estrela.

Galicia ocupa un papel destacado nesa lista: até 13 restaurantes galegos están incluídos en dita lista con unha estrela, a máxima que conseguen os locais galegos. Seis atópanse na provincia de Pontevedra, seis na Coruña e un en Ourense.

Máis estes non son os únicos restaurantes galegos, ou con chefs galegos á cabeza, que obteñen este estaca galardón. O Restaurante Lúa, en Madrid, tamén foi recoñecido por segundo ano consecutivo cunha estrela.

Ao fronte deste restaurante atópase o chef do Carballiño Manuel Domínguez. Tras máis de 10 anos ao fronte do negocio, este local situado no céntrico barrio de Chamberí ofrece aos madrileños o mellor da cociña de mercado.

Nos varios espazos dos que dispón, Domínguez confecciona un menú que vai variando segundo as estacións e a dispoñibilidade de produtos de mercado. “O estilo dun cociñeiro é como a súa firma: único”, afirma o chef na súa páxina web. (http://restaurantelua.com/) A súa máxima é a de respectar o produto por riba de todo.

O restaurante ofrece varias opcións para gozar da súa cociña: o Gastronómico, onde se poderá desfrutar dun menú pechado con ou sen maridaxe de viño; a Barra e Terraza, para petiscar elixindo entre unha ampla oferta de produtos da súa carta; os Grupos Privados, dous salóns habilitados para celebracións na intimidade; e por último as Xornadas Gastronómicas, menús elaborados por encargo ao redor dos produtos da temporada.

Como se pode apreciar, Galicia consolídase como un referente gastronómico tanto a nivel nacional como internacional. Algo que xa sabíamos todos, que como na nosa terra non se come en ningures, pero agora tamén o proclaman reputadas publicacións como a Guía Michelín. E os restaurantes galegos premiados esténdense alén da nosa terra. Que aproveite!

E logo, qué pensas?