AliciaG

Galicia ten 46 praias libres de fume

O normal é non fumar. Esta é a premisa que segue a rede galega de Praias sen Fume, que parte da Consellería de Sanidade para intentar sumar espazos saudables e que trasladen esta imaxe aos nenos, como estratexia preventiva antitabaco. O proxecto comezou en 2016 e un ano despois son xa 46 areais e 27 concellos os que están adscritos a esta rede.

Pouco a pouco, vanse sumando praias que din non aos malos fumes. Pero ademais, esta iniciativa pode contribuír a facer desaparecer uns residuos que, por desgraza, se atopan entre a area: as cabichas. Tendo en conta que tardan ata 15 anos en descompoñerse e que cada cabicha pode chegar a contaminar ata 25 litros de auga, é posible imaxinar o grande impacto que teñen no medio ambiente, na flora e na fauna do noso litoral.

Gústache a idea de areal sen fume? Pois é probable que teñas algunha opción próxima para ser parte da iniciativa. Hai praias que din non ao tabaco nas provincias da Coruña (22), Lugo (7) e Pontevedra (17). Aquí, a lista por Concellos:

  1. Boiro (A Coruña): Barrañaarea
  2. Cabanas (A Coruña): Chamoso
  3. Corcubión (A Coruña): Quenxe, Santa Isabel, do Castelo e da Coviña
  4. Ferrol (A Coruña):  A Fragata
  5. Mañón (A Coruña): Esteiro e Bares
  6. Miño (A Coruña): Perbes
  7. Muxía (A Coruña): Praia da Cruz
  8. Oleiros (A Coruña): Bastiagueiro
  9. Ortigueira (A Coruña): Praida da Concha e Morouzos
  10. Porto do Son (A Coruña): Ornanda, Coira, Caveiro, Subigrexa, Cruceiro, Arnela
  11. Ribeira (A Coruña): Río Azor
  12. Valdoviño (A Coruña): Mourillá
  13. Barreiros (Lugo):  Coto
  14. Cervo (Lugo): O TornoFoto destacada
  15. Foz (Lugo): A Rapadoira
  16. O Vicedo (Lugo): Caolín e Vidreiro
  17. Ribadeo (Lugo): Esteiro
  18. Xove (Lugo): Esteiro
  19. A Guarda (Pontevedra): Area Grande
  20. Baiona (Pontevedra):  Barbeira, Frades, Ribeira, Concheira, A Ladeira e Santa Marta
  21. Bueu (Pontevedra): Area de Bon e Lapamán
  22. Cangas (Pontevedra): Praia de Melide
  23. Marín (Pontevedra): Portocelo
  24. Nigrán (Pontevedra): praias das Canas e da Madorra
  25. Ponte Caldelas (Pontevedra): praia Fluvial da Calzada
  26. Redondela (Pontevedra): Cesantes centro e Cesantes dereita
  27. Vilanova de Arousa (Pontevedra): praia de Ariño

 Cal é a túa?

E logo, qué pensas?