AliciaG

Galicia ten 5 dos cemiterios máis importantes de Europa, pero o que ten máis galegos enterrados está a 7.000 quilómetros

0

Achégase o momento en que case todos os cemiterios do mundo se enchen de vida. Apenas faltan xa uns días para o 1 de novembro, Día dos Defuntos, cando os camposantos se acicalan e visten as súas mellores galas, aínda que para quen os visita o seu é sempre o máis entrañable de todos por estar alí os seus seres queridos.

Con todo, e obxectivamente, Galicia conta con cinco cemiterios que están entre os máis importantes de Europa, pola súa historia e polo seu contido artístico, razón pola que forman parte da Asociación de Cemiterios Significativos do Vello Continente. Aí están o de San Francisco, en Ourense, o de San Amaro, na Coruña, o de San Froilán, en Lugo, o de Santa Mariña do Dozo, en Cambados, e o cemiterio dos Ingleses, en Camariñas.

Pero, curiosamente, o cemiterio con máis galegos enterrados non está en Galicia, senón a case 7.000 quilómetros e máis de 6 horas e media de voo. Concretamente na Habana, no chamado cemiterio de Colón, onde se calcula que podería haber arredor de 200.000 galegos. É dicir, máis dos que habitan a día de hoxe en calquera cidade galega salvo Vigo e A Coruña.

Non estraña, porque a verdade é que o cemiterio de Colón, coñecido tamén como cemiterio dos galegos, é o terceiro máis grande do mundo, de 56 hectáreas e con máis de 1 millón de persoas enterradas nel. Pois de todas elas, unha quinta parte son galegas, empezando por quen o deseño, o arquitecto Calixto Loira Cardoso, natural de Ferrol.
Foto: Wikipedia.

E logo, qué pensas?