AliciaG

Hai máis quilómetros na costa galega ou entre Santiago e París?

0

O litoral galego ten máis distancia que o percorrido dende Santiago de Compostela a París (Francia). Pode parecer que non pero, en  ocasións, as aparencias enganan. E o caso da costa galega entra dentro desta definición, aspecto ao que contribúe a curiosa orografía que conforman as rías galegas.

Con 1.498 quilómetros de costa, Galicia é o territorio da Península Ibérica con máis lonxitude litoral. Isto é así malia que, aparentemente, e sobre o mapa, outros territorios coma Portugal ou Andalucía, parecen ter distancias superMapa satéliteiores.

Non o cres? Aí van os datos: a costa continental de Portugal suma 943 quilómetros, que non é pouco. Ben é certo que sumando as illas Azores e Madeira, a cifra aumenta a 1.793 km.

En territorio español, e saíndo da Península cara as illas, as Canarias gañan á costa galega en 85 quilómetros, e ás Baleares faltaríanlles outros 70 para acadar a cifra do país.

Mais no continente, son os andaluces os que seguen a Galicia neste particular ranking. Estarían despois Cataluña (699 km), a Comunidade Valenciana (518 km), Asturias (401 km), Cantabria (284 km), Murcia (274 km) e Euskadi (246). Sumados, case 8.000 quilómetros litorais en todo o territorio español.

E logo, qué pensas?