AliciaG

Sorpréndete coa historia do mundo contada en dous espectaculares minutos

0

Que son dous minutos ao lado dos miles de millóns de anos que ten o mundo? Ben, pois é o tempo suficiente para, con moita habilidade, contalo case todo.

Fai xa algún tempo que o usuario de youtube drivinman 687 resumiu a historia do mundo nun vídeo de prescisamente dous minutos, utilizando como base centenares de fotogramas. O resultado é tan espectacular que aínda hoxe chama a atención. O máis curioso é que se trataba so dun aprendiz de produción.

Dende a súa publicación, o vídeo acumula máis de 21 millóns de visualizacións. Se non o viches daquela, aquí tes unha nova oportunidade. E si o viches, non deixes de volver a miralo. Sorprenderache de novo.

 

 

 

 

E logo, qué pensas?