AliciaG

Lista de espera para cear en dous restaurantes galegos

Estamos máis afeitos a falar de listas de espera para cuestións médicas. Pero tamén o ámbito gastronómico ten demoras, aínda que neste caso se perciben como algo en positivo.

Un ano máis, o ranking ‘Fuera de serie’ –vai pola oitava edición– fai un repaso polos restaurantes do territorio español que obrigan a esperar, durante máis tempo, aos interesados en degustar os seus pratos.

Son 60 os elixidos e a orde no ranking vén dada pola demora para ir cear, dúas persoas, un sábado. Entre os primeiros 15, están dous restaurantes galegos: un da Coruña e outro do Grove. Se pensaches en Árbore da Veira e Culler de Pau, acertaches!

Ambos comparten unha lista de espera de dous meses e dúas semanas e sitúanse na décimo terceira e décimo cuarta posición, respectivamente. Mais non son os únicos galegos do ranking. O restaurante Lúa, aínda que situado en Madrid, ten dous meses de demora e está dirixido por Manuel Domínguez, un galego de Carballiño.

O restaurante de Luis Veira practicamente mantén posición respecto á lista do ano 2016. Non é o caso do restaurante de Javier Olleros, Culler de Pau, que subiu catro postos, aumentando nun mes a súa lista de espera. No que respecta ao restaurante Lúa, hoxe figura no número 22 desta lista, cando un ano antes non estaba no ranking.

O que non varía é a primeira posición. O Celler de Can Roca, dos internacionalmente coñecidos irmáns Roca, encabeza a lista de espera para cear un sábado noite dúas persoas. Nada menos que 11 meses de antelación require esta cita para un dos mellores restaurantes do mundo.

Xa que comer hai que comer… Onde reservamos?

cortando cebola

E logo, qué pensas?