AliciaG

Lonely Planet sitúa a Galicia no top ten dos destinos europeos do 2017

Lonely Planet defínese como referencia para viaxeiros independentes. Dende logo, son recoñecidas as guías que realizan e, para este 2017, á hora de elixir o mellor de Europa, sitúan a Galicia en terceira posición nun ranking de dez lugares que ben merecen unha visita.

Á cabeza sitúase Zagreb (Croacia), cidade seguida de Gotland (Suecia). E tras Galicia, lugares coma o nfurancheandoorte de Montenegro, Leeds (Inglaterra), Alentejo (Portugal), o Norte de Alemania, Moldavia, Pafos (Chipre) e El Havre (Francia).

Galicia ocupa esa terceira posición máis alá do Camiño de Santiago, que é un dos motivos que atopan para visitar o país centos de miles de persoas cada ano. Á marxe deste atractivo universal, a guía destaca como principais valores galaicos a paisaxe, a gastronomía e a cultura.

Reivindica que pola lingua, a música, o patrimonio arquitectónico e a súa acolledora poboación, Galicia é “case” un país. E aínda que para moitos ese “case” sobra, pódese perdoar a cambio dos eloxios que dedica aos nosos cantís, aos pobos mariñeiros, ás praias, ao marisco e aos “carismáticos” viños galegos. Tamén fai alusión directa a Cambados, elixida Cidade Europea do Viño 2017.

En AliciaG concordamos plenamente en que Galicia é un dos mellores lugares de Europa, e de todo o mundo!

Ti que opinas?

E logo, qué pensas?