AliciaG

Lugo encabeza unha lista de cidades amuralladas do mundo

0

Os romanos chegaron a Lugo xa hai máis de 2.000 anos, pero o seu legado permanece en pé e constitúe a día de hoxe a maior atracción da cidade, así como unha das murallas máis espectaculares do mundo.

Así o pensan os lectores do xornal 20 Minutos, que nunha votación aberta sitúan a muralla de Lugo, que pronto fará 16 anos como Patrimonio da Humanidade, como a mellor das 23 alí recollidas.

A cidade de Lugo sitúase así por diante doutras de grande beleza, como a de Dubrovnik, en Croacia; a de Fez, en Marrocos; ou a de Mont-Saint-Michel, en Francia. Foi Paulo Fabio Máximo quen fundou a cidade de Lucus Augusti por orde do emperador Augusto no ano 13 a.C. A construción da muralla seguiu as directrices do enxeñeiro romano Vitrubio.

Os seus máis de dous quilómetros de lonxitude constitúen a muralla mellor conservada da época romana na Península Ibérica. No seu momento contaba con 85 torres defensivas, da que a día de hoxe se conservan 71, e que servían para vixiar aos accesos á cidade a través das cinco calzadas romanas que chegaban ata alí.

A día de hoxe a Muralla de Lugo é un dos principais reclamos turísticos da cidade, e no seu interior alberga todo o conxunto da cidade vella. Unha zona que ben vale a pena visitar, chea de bares e tabernas onde o viño e as tapas nunca faltan. E se xa podemos cadrar a visita coas festas do San Froilán, o polbo á feira non ha de faltar!

Esta é a lista completa, na que  muralla de Lugo acumula 194.406 puntos, fronte aos 180.441 de Ávila e os 51.059 de Cidade Rodrigo.

1. Lugo.

2. Ávila (España).

3. Cidade Rodrigo (España).

4. Ceuta.

5. Peñíscola.

6. Valença do Minho.

7. Mont-Saint-Michel (Francia).

8. Cartagena (Colombia).

9. Dubrovnik (Croacia).

10. Carcassonne (Francia).

11. Siena (Italia).

12. Pingyao (China).

13. Campeche (México).

14. San Marino (San Marino).

15. Lucca (Italia).

16 Bragança (Portugal)

17. Rodas (Grecia).

18. Fez (Marrocos).

19. Saint-Maló (Francia).

20. Tallin (Estonia).

 

E logo, qué pensas?