AliciaG

Lugo é a cidade máis barata de España para unha noite íntima con cea, copas e hotel

0

Poñamos que decidiches celebrar o San Valentín do pasado luns (ou calquera outra cousa) o próximo sábado, cunha cea íntima coa túa parella, un par de copas e unha noite en algún hotel de algunha cidade de Galicia. Pois ben, que saibas que a cidade máis barata para o paquete completo é Lugo (115,73 euros), seguida de Ourense (119,65), A Coruña (135,37), Vigo (145, 14), Pontevedra (158,88) e Santiago (160,52). O prezo, calculado por TripAdvisor en 56 cidades de toda España, inclúe tamén unha carreira en taxi de 3,5 quilómetros (ida en volta).

En realidade, Lugo sería tamén a cidade máis barata de España para un plan así, sendo Ourense a terceira máis económica. Entre ambas cólase Murcia. Entre as 56 cidades testadas, A Coruña ocupa a posición número 12, Vigo a 24 e tanto Pontevedra como Santiago se atopan xa na outra metade da clasificación, entre as máis caras (postos 35 e 38, por esta orde).

Pero volvamos ao suposto inicial: decidiches pasar unha noite, con cea e un par de copas, en algunha cidade galega. Entón deberías saber tamén que, por separado, a cidade máis barata para cear é Ourense (38,83 euros por dúas ceas tradicionais ou de dous pratos, con viño da casa, fronte a 57,50 euros na Coruña). As copas máis económicas serviranchas en Lugo (7,80 euros por dous cócteles,  fronte a 14,33 euros en Santiago), onde tamén pagarás menos por un cuarto dobre nun hotel de 4 estrelas (55,37 euros, fronte  96,73 euros en Pontevedra). E xa por último, en canto ao taxi, que será o gasto menor da noite: subirás ao máis barato na Coruña (8,15 euros por unha carreira de 3,5 quilómetros, ida e volta) e ao máis caro en Santiago (11,2 euros polo mesmo percorrido).

Tendo en conta todo o traballo de TripAdvaisor, resulta que a cidade máis cara para un plan de este tipo é Barcelona, onde a noite de intimidade, vaise a  229 euros e uns céntimos, 114 euros máis que en Lugo ou 70 máis que en Santiago, as máis caras e baratas de Galicia, respectivamente, para esta proposta.

Aquí tes a lista completa das 56 cidades españolas co prezo final do paquete formado por unha noite de hotel, unha cea para dúas persoas, dúas copas e unha carreira de taxi. E despois de lela, decide… quedar en Galicia.

tripindex1

E logo, qué pensas?