AliciaG

Marihuana na horta, o novo viral galego!

Carmen a Maruxa son as protagonistas do último vídeo viral galego, que xurde do proxecto Teño unha horta en San Sadurniño posto en marcha na Aula Cemit deste concello. O obxectivo: dar a  coñecer o mundo rural e, ao tempo, conseguir a alfabetización dixital dos habitantes. Boa mostra de que os resultados son óptimos é este vídeo, no que unha das mulleres conta á que está detrás de cámara que lle apareceu unha planta de marihuana na horta, no medio da plantación que fixo para darlles de comer aos loros.

A partir desta confesión, as mulleres entran nun relato para escarallarse coa risa, facendo bromas coa posibilidade de ir presas e acompañar “a Pantoja ou todas esas”, falando sobre a forma de consumo desta planta (“é de fumar ou de esnifar?”) e sobre o motivo polo que os loros cantan tanto tendo este produto entre as plantas das que se sacan a súa alimentación.

Neste proxecto ‘Teño unha horta en San Sadurniño’ as protagonistas  son mulleres que comparten cos demais a experiencia do traballo no campo, empregando móbiles e cámaras, e ensinando  tarefas tradicionais e mesmo trucos para manter a horta en perfecto estado. E con esta experiencia da aparición da marihuana na horta,  a viralidade xa atravesou as fronteiras galegas!

Na súa canle de YouTube, Teño unha horta en San Sadurniño, van relatando as estratexias para o cultivo de diversas especies e falan, tamén, dun tema que preocupa na zona: a couza guatemalteca.

Xa coñeces ás youtubers Maruxa, Carmiña, Cruz, Consuelo e Lucita?

E logo, qué pensas?