AliciaG

Combarro, Castro Caldelas, Mondoñedo, Allariz… conquistaron este ano as “pasarelas” das vilas máis fermosas de España

0
  • Panorámica de Mondoñedo

    Panorámica de Mondoñedo

  • Castelo de Castro Caldelas

    Castelo de Castro Caldelas

  • Allariz. Igrexa de San Benito.

    Allariz. Igrexa de San Benito.

  • Rúa de Combarro

    Rúa de Combarro

Combarro, Allariz, Castro Caldelas, Mondoñedo…  conquistaron este ano as pasarelas das vilas máis fermosas de España. Todas elas, e seguro que moitas máis aínda que non fose de xeito oficial, situáronse neste 2017 entre as vilas máis bonitas de España, recibindo por elo diferentes recoñecementos.
O dous últimos son para Mondoñedo e Castro Caldelas. Ambas son conxunto histórico artístico ainda que con 13 anos de diferenza, os que van desde 1985 en que foi declarado Mondoñedo ata 1998 en que lle tocou á capital ourensá da Ribeira Sacra.  O próximo ano, con todo, entrarán da man e ao mesmo tempo na Rede de Vilas máis Bonitas de España, xunto a outras 9 localidades que se sumarán as 57 que forman agora esta gran rede.
Castro Caldelas e Mondoñedo serán as dúas primeiras vilas galegas que entren a formar parte desta exclusiva asociación, en que só logran integrarse o 20% das que aspiran a facelo e que ten replicas en gran parte de Europa dende que no ano 1982 se creara a primeira delas: Les Plus Beaux Villages de France. España forma parte da rede internacional dende 2011.
Ademais de Castro Caldelas, a próximo ano debutaran na rede das vilas máis bonitas de España Segura de la Serra (Xaén), Ledesma (Salamanca), Briones (A Rioxa), Lerma (Burgos), Zahara da Sierra (Cádiz), Bubión (Selecta), Almonaster la Real (Huelva), Mirambel (Teruel) e Guadalupe (Cáceres). Ao igual que ocorre con Castro Caldelas e Mondoñedo, todos estes pobos son tamén conxuntos histórico artístico.
Curiosamente, unha destas vilas, Guadalupe, en Cáceres, está agora mesmo a competir coa localidade de Combarro, en Poio, por ser declarado o lugar máis fermoso de España neste 2017. A elección realízase por votación popular, que rematará o próximo domingo.
Tamén neste mesmo ano, pero no mes de xuño, o portal de viaxes Viajestic sinalou a outra vila galega, neste caso Allariz, como unha das máis bonitas do país, tamén despois dunha votación popular.
Esta claro que ao longo deste ano que está a piques de rematar, as localidades de Galicia luciron como nunca e recibiron merecidos recoñecementos.
Estas son as razóns coas que a rede xustifica a inclusión de Castro Caldelas e Mondoñedo na rede de vilas máis bonitas de España:
Mondoñedo, declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, ten como centro a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII e cara a onde conflúen todas as rúas da vila. A paisaxe arquitectónica de Mondoñedo combina maxistralmente diferentes estilos construtivos, e na zona vella atopamos tamén as arquitecturas barrocas do convento e igrexa da Concepción e do convento de San Pedro de Alcántara.
Castro Caldelas, Conxunto Histórico-Artístico desde 1998, composto por estreitas rúas empedradas en costa, que culminan no Castelo dos Lemos, o edificio máis importante da vila. O viaxeiro pode gozar da arquitectura típica de pequenas casas con fachadas de pedra, balcóns e galerías
Fotos: Wikipedia e Concello de Castro Caldelas.

E logo, qué pensas?