AliciaG

Na praia, a corpo descuberto!

Co bo tempo, imos máis espidos. Uns máis e outros menos. E esa preferencia é unha das que define a praia á que ir. Que Galicia ten areais estupendos, sobra dicilo. Pero, coñeces cales son nudistas?

Por decreto, por costume ou por improvisación, calcúlase que hai en toda a costa galega máis de medio cento de praias frecuentadas por nudistas. E iso, sen contar calas perdidas que se agochan ao longo do extenso litoral e que son de difícil acceso ao público.

De norte a sur, pódese facer todo un itinerario por algunhas praias nudistas a non perder por aqueles que gozan destes espazos naturais a corpo descuberto! E neste sentido, son varios os sitios da rede nos que atopar listas cos mellores areais do país.

CARTELSegundo a Guía Repsol, son sete as mellores praias nudistas de Galicia. Fala da Praia dos Alemáns en Foz (Lugo); na provincia de Coruña son a de Area Longa en Porto do Son, Combouzas en Arteixo e Ponzos e Ferrol; e xa en Pontevedra alude a Barra (Cangas), Figueiras (Illas Cíes) e Bascuas (Sanxenxo).

O blog Siente Galicia, comparte algunhas e engade outras, coma Caolín no Vicedo, Porto Carrizo en Valdoviño ou Melide en Ons, por citar algunhas.

E ti, cal prefires?

E logo, qué pensas?