AliciaG

Niki Lauda: o galego (por parte de avó) campión de Fórmula Un 3 veces e 30 anos antes que Alonso

0

Moito antes (30 anos exactamente) de que celebrásemos o primeiro campionato do mundo de Fórmula Un para un español, poderiamos celebralo os galegos… pero é probable que non o soubésemos. O que? Pois que o campión de Fórmula Un dos anos 1975, 1977 e 1984 tiña orixe galega, ourensá para máis sinais, concretamente de Loña do Monte, en Nogueira de Ramuín.

O lendario Niki Lauda naceu en Viena, pero polas súas venas corría tamén a sangue galega do seu avó, Juan Lauda Crespo. Como para outros moitos ourensáns, chegou un día en que ao avó de Niki Lauda non lle quedou outra que cargar cunha maleta medio valeira e tirar quilómetros. Acabou en Estados Unidos, despois de pasar por Cuba e  AArxentina, onde tivo 4 fillos, un deles José Lauda. Este, que foi piloto de aviación durante a Segunda Guerra Mundial, casou cunha austríaca da que se separaría incluso antes do nacemento do seu fillo Niki. E así foi como o tricampión do mundo acabou aterrando neste mundo xusto na capital de Austria, despois dun cúmulo de circunstancias que transcorreron entre Loña do Monte, Nova York e Viena.

Ademais de piloto de Fórmula Un, Lauda foi tamén, como o seu pai, piloto de aviación e incluso propietario dunha compañía aérea. Hoxe reside en Ibiza coa súa segunda muller e os fillos de ambos. Calquera día, sentirá a chamada de Loña do Monte e tal vez volva as súas orixes.

En todo caso, queda para a historia que un medio galego gañou tres veces o campionato do mundo de Fórmula Un 30 anos antes de que o fixera por primeira vez o curmán asturiano Fernando Alonso.

Fonte foto: wikipedia.

E logo, qué pensas?