AliciaG

Non vas crer do que son capaces o Entroido e as gaitas nun home de 93 anos

0

Domingo Oleiro. Xinzo de Limia. 19:48 horas. O Entroido mais longo do mundo entra na súa segunda semana despois de arrancar, oito días antes, co Domingo Fareleiro.

Xa de noite, don Manuel (ou o señor Manuel, do veciño concello de Trasmiras) converteuse na Praza Maior e sen querer no inesperado protagonista das últimas horas do Oleiro. Acompañado da súa familia, chegou a praza en cadeira de rodas, como consecuencia dos seus 93 anos e unha mobilidade moi reducida, en zapatillas de casa, con gorro, bufanda, abrigo e tapado cunha manta. E pese a todo, cunhas ganas de festa que asombraron a todos, tal e como se pode comprobar a continuación neste vídeo de algo máis de tres minutos que merece ser visto enteiro.

Manuel, guiado pola súa familia, achegouse a un pequeno grupo de música galega que se atopaba a esa hora en plena actuación a pé de rúa. E xa dende o primeiro segundo notouse que algo estaba a espertar dentro del pola chamada do espírito do Entroido e, sobre todo, das gaitas e os tambores.

Primeiro foros os pés, despois as mans… a continuación os intentos de lenvantarse da cadeira de rodas e finalmente, transcorrido algo máis de medio minuto, Manuel púxose por fin en pé para bailar no medio dun público emocionado e admirado e dunha familia visiblemente orgullosa.

En realidade, xa dende primeiro segundo fixo o intento de quitar a bufanda e o abrigo para soltarse a bailar, pero inicialmente foi contido pola súa preocupada filla. A continuación pasou o que vas ver.

E como epílogo, un merecido aplauso de todos os presentes, empezando polos músicos, e a sentencia dun deles: “O día que non se levante, non hai nada que facer”.

E logo, qué pensas?