AliciaG

O 15 de xuño é o Día Mundial das Tapas!

Si, existe oficialmente o Día Mundial das Tapas. E contra todo prognóstico non é un invento galego, malia que somos expertos en buscar escusas ata debaixo das pedras para organizar calquera cousa relacionada co comer. Saborea España, unha asociación integrada por varios colectivos gastronómicos e hostaleiros do Estado, fixo do gusto polas tapas un ‘día de’, que ten como data oficial o 15 de xuño e este ano cae a xoves.

A data achégase e pouco a pouco vanse integrando destinos á celebración, no que respecta á convocatoria oficial. Están confirmados Destacadaunha ducia de eventos en diferentes lugares de España, ningún en Galicia de momento, pero iranse adherindo máis. Pódese consultar esta información na web do Día Mundial da Tapa onde se van actualizado os datos sobre as cidades, vilas, barrios, colectivos ou establecementos participantes.

Se na túa vila ou cidade non hai unha convocatoria oficial, non hai que alarmarse, que as tabernas de cabeceira de cada quen, as que visitamos con frecuencia para tomar os petiscos, seguro que non abandonan o bo costume de que acompañemos con algo sólido as nosas consumicións, aínda que non sexa o xoves un dos días de máis afluencia para tomar as tapas.

Porque segundo un estudo realizado polos organizadores do día da tapa, en xeral aproveitamos a fin de semana para dedicarnos a estes praceres, algo que semella lóxico ao concentrar a maior parte da poboación o seu descanso semanal en sábado e/ou domingo. Outros datos indican que o tramo de maior consumo é á noitiña, e o perfil máis habitual que se atopa tomando as tapas son homes e mulleres de 30 a 45 anos, que acostuman beber cervexa ou viño. Só un 2% optan por outras bebidas.

Sabes cales son as tapas máis consumidas? Tortilla, ensalada rusa, croquetas e patacas bravas.

E ti de que tapa vés sendo?

 

 

E logo, qué pensas?