AliciaG

O galego Daniel Llamas, referente na astrofotografía

0

Hai quen comeza o ano con grandes propósitos. E hai quen recibe grandes novas.

O segundo é o caso do fotógrafo galego Daniel Llamas, que segue sumando éxitos no mundo do astrofotografía e co comezo do 2017 viu recoñecido o seu traballo co obxectivo ao ser merecedor do primeiro Premio Nikon 2016 na categoría de natureza.

A imaxe gañadora deste certame é unha instantánea tomada nas inmediacións da ermida de Monte Faro e na que o ceo, como se pode ver na mesma, ten un gran protagonismo. O título da fotografía premiada é  ‘Ermida no camiño’ e o lugar no que foi captada é zona de paso do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela.

Son moitas as horas que hai que pasar cámara en man buscando as mellores fotografías. E xa cando se pretende captar os astros, hai que entregarse a certo noctambulismo viaxeiro. Porque as imaxes de Daniel Llamas van de norte a sur e de este a oeste, e mesmo atravesan fronteiras.

Herveira Dámos por feito que as horas investidas nesta tarefa merecen a pena, visto o premio recibido e que o propio galardoado considera que é o maior recoñecemento ao seu traballo. Pero a realidade é que Daniel Llamas comezou non hai tanto -en 2010- nisto da fotografía e en 2015 decidiu presentarse a concursos. En só dous anos,  foron varios os galardóns que recibiu. Por citar algúns, o segundo premio na categoría Night Photography dos II Fine Art Photography Awards; unha mención de honra no certame TWAN 2016 e foi tamén gañador absoluto do MEDCLIC Contest Oceans Photo.

Mare Nostrum.

Vendo o éxito do seu traballo, non resulta estraño que dera un paso máis nesta paixón, aprendendo a outras persoas a súa arte. No seu blog, vai dando conta destes obradoiros e tamén doutras novidades.

 

 

E logo, qué pensas?