AliciaG

O galego Marcos Rodríguez, Fotógrafo Europeo do ano 2017 na categoría de reportaxe

0

O fotógrafo natural de Carballo e afincado en Cee (A Coruña), Marcos Rodríguez, acaba de gañar o maior recoñecemento da Federación Europea de Fotógrafos na categoría de Reportaxe. Recibiu esta distinción na gala dos European Photographer of the year Awards 2017,  que se celebrou o 2 de abril en Catania (Sicilia). E aínda hoxe non acerta a crer tal recoñecemento.

Está “encantadísimo” por recibir este premio, porque non imaxinaba chegar ao resultado: un ouro con selo de ámbito europeo e competindo coa calidade do conxunto de federacións nacionais de 15 países. Case nada! E aínda que Marcos Rodríguez di que o recoñecemento lle queda “grande”, está claro que o xurado non o pensa así e por iso decidiu outorgarlle ao seu traballo a Cámara de Ouro –equivalente ao primeiro premio– na categoría de reportaxe.

Pero, que traballo presentou este galego ao certame? A súa proposta está formada por tres imaxes, unha que reflicte a rapa das bestas de Cedeira e dúas dunha balea en Corcubión.Rapa

balea 2Balea

Un luxo de imaxes que recibiu este recoñecemento a nivel europeo. Mais non é a primeira vez que Marcos Rodríguez opta a estes premios. Xa no 2016 foi finalista en dúas categorías dos European Professional Photographer of the Year Awards, uns galardóns que pretenden promover, poñer en valor e recoñecer a profesionalidade no mundo da fotografía.

E logo, qué pensas?