AliciaG

Monoulious DOP, os galegos sen vergoña que buscan mecenas para gravar un disco e ir… aos Alpes suízos!!

0

Monoulious DOP non teñen vergoña, ou polo menos iso din eles. Hai 15 días propuxéronse lanzar o seu primeiro disco de larga duración e para iso non dubidaron en pedirlles aos seus fans axuda: lanzaron unha campaña de micromecenado que xa deu ou seus froitos.

Nada máis e nada menos que 5.000 euros conseguiron recadar en 15 días, cumprindo así os seus obxectivos. Os noieses Monoulious, que se declararon dispostos a plantar balocas para poder así cumprir o seu soño, comezarán agora a darlle forma a ‘LP Padre’, título co que se vai publicar o seu primeiro traballo discográfico.

Coñecidos na escena galega polas súas letras irónicas e cargadas de humor, o grupo xa actuou en varias ocasións en diferentes programas da TVG, como Bamboleo, onde estiveron o pasado 15 de outubro precisamente para promocionar o crowdfunding.

Monoulious DOP, “o teu grupo favorito e cada día o de menos xente”, xa acadou o seu soño. Quedamos á espera de poder escoitar o que sen dúbida será un traballo que nos fará rir e pasar un bo anaco.

E logo, qué pensas?