AliciaG

O infantil xogo da Oca era en realidade o mapa encriptado do Camiño de Santiago que usaban os cabaleiros Templarios

0

De oca a oca e tiro porque me toca! De ponte a ponte e tiro porque me leva a corrente! De dado a dado e tiro porque me ten tocado! Isto con sorte. Sen ela acababas na pousada, onde perdías unha quenda; ou no pozo, onde os que perdías eran dous, ou mesmo no cárcere, onde penalizabas con tres quendas sen tirar. E por último estaba a caveira, que era a peor de todas as casas, porque cando xa contabas gañar… ala!… tiñas que volver empezar.

Antes que os robots, moito antes que as tabletas e os móbiles, antes que as consolas e incluso que o Monopoly, estaba a Oca, cos seus dados, os seus gobeletes, as súas 63 casas debuxadas nun taboleiro de madeira que na parte inversa podía ter o parchís e as súas famosas frases que todos recitamos de memoria segundo iamos caendo nunha casa ou noutra.

Efectivamente, a oca é o xogo máis popular para moitos xeracións de pais, avós, bisavós e ata tataravós, que afortunadamente para algúns habelos hainos. Pero a verdade é que este aparentemente inocente pasatempo infantil é en realidade (ou máis ben o foi na súa orixe) algo ben máis misterioso: un mapa encriptado do Camiño de Santiago feito polos cabaleiros Templarios, gardiáns dos lugares santos e dos camiños que conducían a eles, e no que marcaban os sitios con especial significación, alá polo século XII.

Segundo esta teoría, o xogo da Oca representaría o Camiño Francés. E si estendemos as 63 casas, podemos identificar algúns lugares ben coñecidos do itinerario. Así, e segundo algunha das teorías que circula entorna á relación entre o Camiño de Santiago e o xogo da oca, as pontes serían Viscarret e Ponte a Raíña (ambos en Navarra), a pousada, Logroño; o pozo,  Castroxeriz (Burgos); o cárcere, Valcarce (León); ou a morte, Santiago. O cisne a doncela da última casa representarían a Fisterra. Obviamente, as fichas serían os peregrinos. En definitiva, as 63 casas do taboleiro corresponderían a lugares moi determinados do Camiño de Santiago entre Roncesvalles e Fisterra.

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?