AliciaG

O miradoiro de Redondela xa aparece entre os 30 lugares de España que hai que visitar polo menos unha vez na vida

0

O miradoiro de Redondela, situado en Campo da Rata, escala posicións como lugar de referencia para o turismo. Así, xa está entre os lugares máis exclusivos e fermosos de España, un deses aos que hai que ir polo menos unha vez na vida. De feito, xa trata de ti a ti espazos como a Ribeira Sacra, cabo Fisterra ou a muralla de Lugo. Esaxerado?, pois é posible que haxa quen pense que si, pero dende logo non é o caso da web de viaxes e hoteis Trivago, que á hora de facer una selección dos trinta lugares que hai que visitar en España cando menos unha vez inclúe ao miradoiro.

O lugar coñecido como Campo da Rata, famoso tamén polo seu banco, ofrece segundo o buscador unha das vistas panorámicas máis bonitas de Galicia, dende as illas Cíes ata San Simón. O cal é rigorosamente certo. A vista é espectacular se mire por onde se mire.

Este miradoiro do concello de Redondela saltou precisamente á fama polo seu banco, instalado sobre unha rocha no verán de  2015 por un carpinteiro da zona. Pretendía con iso imitar (máis ben competir) ao banco de Loiba, en Ortigueira, bautizado entón como o mellor banco do mundo O boca a boca e as redes sociais fixeron o resto, ata convertelo nun dos principais atractivos turísticos da comarca.

Pouco máis de dous anos despois, a súa fama traspasa as fronteiras da comarca, da provincia e ata de Galicia.

A lista completa é a seguinte:

  1. Siruana. Tarragona.
  2. Salinas de San Pedro do Pinatar. Murcia
  3. Chulilla. Valencia.
  4. A Guardia. Áraba.
  5. Almagro. Cidade Real.
  6. Parque Natural de Cabárceno.
  7. Mallos de Siglos. Huesca.
  8. Besalú. Xirona.
  9. Parque Natural da Serra de Grazalema. Málaga e Cádiz.
  10. Faro de Orchilla. O Hierro. Canarias.
  11. Salinas de Fuencaliente. Santa Cruz de Tenerife.
  12. Roques de García. Tenerife.
  13. Anaga. Tenerife.
  14. Caldera de Bandama. Gran Canaria.
  15. Timanfaya. Lanzarote.
  16. Cap de Formentor. Mallorca.
  17. Dalt Vila. Eivisa.
  18. Cap de Barbaria. Formentera.
  19. La Mola. Menorca.
  20. Hoces del Duratón. Segovia.
  21. Canón do sil.
  22. Cabo Fisterra.
  23. Mirador de Redondela.
  24. Catedral e muralla de Lugo.
  25. Castillo de Mendoza. Manzanares del Real. Madrid.
  26. Monasterio de Montserrat. Barcelona.
  27. Acantilados de Mutriko, Deba e Zumaia. Guipúscoa.
  28. Cabo de Peñas. Asturias.
  29. Parque Nacional de Cabañeros.  Cidade Real.
  30. Trujillo. Estremadura.

Fonte foto: Trivago.

 

E logo, qué pensas?