AliciaG

O mundo enteiro xa sabe agora que “menos mal que nos queda Portugal”: elixido mellor destino turístico do planeta

0

Nos sabémolo dende hai tanto tempo que en ocasións esquecémolo. Siniestro xa o cantou no seu primeiro álbum (no tema “Somos Siniestro Total”) e logo dedicoulle o título do terceiro, que publicou en  1984. E agora acábase de decatar o mundo enteiro: “Menos mal que nos queda Portugal!!!!“. Especialmente a nós, aos galegos, que somos irmáns ademais de veciños.

Pois agora xa o sabe todo o mundo, que mira con admiración e desexo cara ao país luso. Portugal acaba de ser o gran triunfador nos premios nobel do turismo, como se coñece aos World Travel Awards. En realidade, arrasou, con seis premios en outras tantas categorías, entre as que se inclúe a do mellor destino turístico do mundo.

Pero non foi o único. En total, Portugal volveu de Phu Quoc, a cidade vietnamita onde se celebrou a gala, con outros cinco “óscars”, todos de ámbito mundial

  • Portugal, mellor destino turístico.
  • Lisboa, mellor destino para escapadas urbanas.
  • Parques de Sintra e a empresa que se encarga da súa rehabilitación, pola súa conservación.
  • A Madeira,  mellor destino insular mundial.
  • Turismo de Portugal, mellor empresa de turismo.
  • Pire Cliffs Resort, en Abufeira, mellor resort de luxo.

Entre os candidatos a mellor destino turístico do mundo, que é o premio máis prezado dentro dos World Travel Awards, Portugal tivo que medirse con outros sete candidatos, entre os que se atopaba España, ademais do Brasil, as illas Maldivas, os Estados Unidos, Grecia, Marrocos e O Vietnam.

Foto: Mirador de los Balcões – Madeira. Arquivo Turismo de Portugal.

E logo, qué pensas?