AliciaG

O National Geographic elixe unha foto do galego Brais Seara para o seu concurso de natureza de 2016

0

O fotógrafo galego Brais Seara acaba de poñer unha nova pica en Flandes cun dos seus últimos traballos. E xa van unhas cantas…

Unha das súas fotos, concretamente a dunha parella de papagaios mariños captada no Reino Unido durante unha recente viaxe, foi seleccionada polo National Geographic para o seu concurso de natureza  2016. Esta é a razón pola que durante sete días, a foto está sendo portada da web da prestixiosa revista.

Ademais, a imaxe tamén foi compartida polo Facebook de National Geographic, polo que puido chegar aos máis de 42 millóns de seguidores que ten o seu perfil.

Xa no pasado mes de xullo, unha foto deste mesmo fotógrafo fora elixida pola revista de natureza da BBC, a televisión pública británica, para unha das súas reportaxes. Naquela ocasión, os protagonistas da instantánea formaban tamén unha parella, pero de pavos reais.

portada-wildlife-bbc

Portada da revistada BBC con outra foto de Brais Seara.

 

Brais Seara.

 

E logo, qué pensas?