AliciaG

O Nobel da Paz Pérez Esquivel é de Combarro: o título que xa ninguén lle pode quitar e todas as vilas quererían

0

No último minuto, e no medio dunha gran controversia pola forma en que foi anunciado, Combarro quedou a semana pasada sen o título de vila máis fermosa de España. Aínda que visto doutro xeito, chegar á final entre ducias de localidades de todo o país non é pouco mérito e, en todo caso, a súa beleza é incuestionable.

Non gañou este título, pero hai outro que xa nunca lle poderán quitar, que tal vez moita xente descoñeza e que xa quixeran para si outros: Combarro é unha das poucas poboacións de España (e do mundo) que conta cun premio Nobel entre os seus fillos. Para máis sinais, un Nobel da Paz, que é dos máis prezados entre todos os que concede a Academia sueca.

Alfonso Pérez Esquivel, premio Nobel da Paz en 1980 polo seu compromiso coa democracia e os dereitos humanos fronte as ditadura latinoamericanas, ten a súa orixe en Combarro. Aquí naceu e viviu o seu pai, un home de mar que un bo día, como outros moitos galegos, viuse na obriga de facer as maletas para cruzar o Atlántico con destino á Arxentina. Como o propio Alfonso Pérez recoñecería moito máis adiante en diferentes entrevistas, o seu pai, Cándido Pérez, sempre seguiu falando en galego. A súa cabeza, así como o seu corazón, tamén estaban case sempre na súa vila de Combarro.

Hoxe, anos despois da marcha por obriga do seu pai, Pérez Esquivel mantén un contacto fluído con Combarro, onde atopou ata medio cento de familiares. Dende o ano 2000 é fillo adoptivo de Poio, Concello ao que pertence Combarro. Ademais, deseñou o Parque da Memoria, inaugurado en 2009 e que pretende ser unha homenaxe a todos os emigrantes como o seu pai.

Así pois, Galicia pode presumir de ata dous premios Novel: Camilo José Cela e Alfonso Pérez, que aínda que non nacera en Galicia, pola súas venas corre sangue desta terra mesturada coa indíxena da súa nai.

Ao longo da historia dos noveles, que se entregaron por primera vez no ano 1901, España recibiu oficialmente 8, entre os que non se inclúe a Pérez Esquivel pero si a Vargas Llosa, nado en Perú pero nacionalizado español. Estamos a falar de:

  • José Echegaray (1904).
  • Santiago Ramón e Cajal (1906)
  • Jacinto Benavente (1922)
  • Juan Ramón Jiménez (1956)
  • Severo Ochoa (1959)
  • Vicente Aleixandre (1977).
  • Camilo José Cela (1989).
  • Vargas Llosa (2010).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E logo, qué pensas?