AliciaG

O Parador de Santo Estevo afiánzase no podio dos mellores de España

0

O Parador de Santo Estevo, o terceiro mellor de España para os usuarios de TripAdvisor.

Galicia conta con 12 Paradores de Turismo distribuídos entre as catro provincias. Entre eles, o de Santo Estevo (Ourense), un complexo sito no corazón da Ribeira Sacra que acaba de alzarse co terceiro posto no premio que outorga o portal web TripAdvisor (https://www.tripadvisor.es/TravelersChoice-Hotels-cParadores-g187427).

O Travellers’s Choice Paradores son os premios que concede ese portal entre os case cen hoteis que compoñen a rede a nivel estatal. A través das votacións dos usuarios da web, TripAdvisor elabora unha listaxe cos dez mellores, onde o Parador de Santo Estevo (http://www.parador.es/es/paradores/parador-de-santo-estevo) conseguiu o terceiro posto. Na listaxe tamén está incluído o Hostal dos Reis Católicos, na capital galega, que alcanza un meritorio sexto posto.

O antigo Mosteiro de Santo Estevo, sito no concello de Nogueira de Ramuín, foi convertido en Parador no ano 2004. Declarado en 1923 Monumento Histórico Artístico polo seu estilo entre o barroco e o románico, o establecemento conta na actualidade con máis de 70 cuartos con vistas aos canóns do Sil.

Entre as súas instalacións tamén poderemos gozar dun balneario en que relaxarnos, un restaurante con terraza ao lado do bosque de castiñeiros, tres claustros e unha paisaxe incrible que xa levaron a este Parador galego a alzarse co primeiro posto na edición do 2015 destes mesmos premios.

Sen dúbida, un lugar paradisíaco nunha contorna fabulosa, entre árbores centenarias e a carón do río Sil,  para desconectar uns días da rutina.

spa-santo-estevo

Interior do Parador.

E logo, qué pensas?