AliciaG

O Pórtico da Gloria adiantouse a Facebook en 9 séculos: “borroulle” os seos á raíña de Saba por grandes… e así naceu o queixo de tetilla

0

Entre o Pórtico da Gloria e Facebook hai máis de 900 anos de distancia no tempo e unha sorprendente similitude. Na rede social por excelencia eliminan inmediatamente as fotos de peitos de mulleres, especialmente se se ven as mamas. Pois iso mesmo fixeron no Pórtico da Gloria fai 9 séculos, aínda que claro, naquel caso a eliminación foi a golpe de martelo e cicel e non de clic. Obviamente non se trataba dunha foto, senón dunha escultura do mestre Mateo (ou dalgún dos seus discípulos), como o resto do pórtico.

Falamos concretamente dos seos da raíña de Saba, esculpidos a conciencia con xenerosa voluptuosidade. Tanta que o seu veciño no Pórtico da Gloria, o profeta Daniel, situado xusto enfronte, non puido reprimir o enigmático e pícaro sorriso co que foi esculpido. Así o conta a deliciosa lenda que explica o xesto do profeta, o sorriso máis famoso do románico. En realidade, o único sorriso en todo o románico.

E tamén relata que a Igrexa, escandalizada polo tamaño dos peitos da raíña que tan pillabán sorriso provocaran no mozo Daniel, decidiu en represalia recortalas ata un tamaño que consideraron que non era escandaloso. Aplicaron así, 9 séculos antes, as controvertidas normas comunitarias de Facebook nun exercicio de anticipación ao futuro máis propio de algún dos visionarios capítulos dos Simpson.

O que si que non borraron foi o sorriso entrañable e lagarteiro do profeta, coñecido por tal motivo como Danielillo, nin tampouco as meixelas coloradas que lle quedaron para sempre á raíña, que non se sabe si se deben ao tamaño inicial das súas formas femininas ou máis ben á vergoña polo recorte posterior.

Co paso do tempo, Daniel e o seu sorriso convertéronse no personaxe máis curioso e enigmático do Pórtico da Gloria e posiblemente tamén no máis fotografado, ademais de ser unha escultura única no mundo románico polo seu xesto.

Pero a curiosísima historia non remata aí. Prosegue a lenda relatando que os granxeiros e labregos galegos da época, nun alarde de retranca sen parangón, decidiron burlase da Igrexa polo recorte censor dos seos do xeito máis sorprendente: inventaron un queixo con forma de peito de muller que chamaron, e así o seguimos facendo hoxe, queixo de tetilla.

Claro que as  lendas pásalle ás veces como aos soños calderonianos… que lendas son. Pero esta é tan deliciosa que se non é certa, e seguro que non o será, haberá que concluír que polo menos está moi ben contada e paga a pena que sexa conservada e propagada.

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez. Wikipedia. Creative Commons.

E logo, qué pensas?