AliciaG

O sanatorio de Cesuras: un dos lugares abandonados máis espectaculares de España

0

Os lugares abandonados desprenden un aura estraña, a medio camiño entre o medo e a atracción. Un aura que atrae moitos a tentar descubrir os seus segredos, a visitalos e coñecer máis deles. E en Galicia tamén abondan destes sitios.

A web escapadarural.com acaba de incluír un destes sitios galegos na súa lista dos 18 lugares abandonados de España máis espectaculares  (https://www.escapadarural.com/blog/lugares-abandonados-mas-espectaculares-de-espana/). Trátase do sanatorio de Cesuras, na parroquia de Paraxón, Bragade, no que hoxe é o concello de Oza-Cesuras.

Sito en que queda vixente do parque do Sanatorio, trátase dun edificio de estilo modernista proxectado polo arquitecto Rafael González Villar para albergar os tuberculosos e tratalos. A súa construción deu comezo no ano 1920 do século pasado, pero nunca chegaría a rematarse: as obras paralizáronse no ano 1931 e nunca se retomaron.

A día de hoxe, a carriza e as plantas tomaron gran parte da súa estrutura, dándolle un aspecto lúgubre que recorda aos castelos dos contos nos que o dragón espera a ser derrotado por un príncipe. E iso a pesares de que gran parte das árbores que o rodean xa non existen.

As autoridades quixeron retomar o proxecto para dotar o edificio dunha nova vida. Entre outros usos, proxectouse a construción dun centro de hostalería, proxecto finalmente desbotado.

 

hospital_oparaxon-luis-naveira_galipedia-1

Luis Naviera:Galipedia

hospital-tuberculosos-galiciandreamer_galipedia-1

Galiciandreamer: Galipedia.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

El búho nº 3: Galipedia.

 

 

E logo, qué pensas?