AliciaG

O toxo invade Colombia

0

O toxo é unha especie ben coñecida en Galicia. Habita boa parte do noso territorio. Aparece mesmo onde non se lle convida, pero os galegos ata lle atopamos unha utilidade gastronómica inventando o licor desta herba. Tamén empregamos esta palabra para definir a algún perfil de persoas, que son toxos e non hai que facerlles.

Pero o que é un símbolo no noso país, é un problema, e de gravidade, para os ecosistemas doutros lugares. O chamado ‘retamo espinoso’, o que vén a ser o noso toxo,  está considerada unha das 100 especies invasoras máis perigosas do mundo. Porque alá a onde chega, non para de medrar e, agás nos lugares nos que é autóctono, acaba coa flora local.tOXOS

Na actualidade, esta planta está a dar graves problemas en Colombia, onde non dan feito para parar o seu avance, que vai acabando co ecosistema propio do país e invadindo o Páramo de Sumapaz, o máis grande do mundo e considerado patrimonio da humanidade.

Semella, segundo unha reportaxe de CaracolTv, que xa se intentou todo (cortes, queimas, herbicidas…) para tratar de acabar co avance, pero todo os intentos foron vans. De feito, algúns técnicos do país xa din que non se pode exterminar e que haberá que convivir co toxo, que para colmo de males consideran que é combustible para os incendios forestais.

Deste xeito, o que comezou como un ben para evitar a erosión –foi así como chegou a planta á zona–, transformouse  nun problema de biodiversidade.

 

Sabías  que as sementes do toxo dura viva ata 60 anos?

E logo, qué pensas?