AliciaG

Todos os “virais” de 2016 en só 10 minutos: o vídeo que está arrasando nas redes

0

Cando faltan uns días para que remate o ano, un usuario de Youtube chamado Luc Bergeon acaba de publicar unha compilación dos vídeos que se converteron en virais neste 2016, resumidos en pouco máis de 10 minutos.

O traballo, dunha alta calidade, merece tanto a pena que xa se contan por centos de miles as veces que foi ollado en apenas un par de días.

Para levalo a cabo tivo que editar un total de 367 vídeos. O resultado son, exactamente, 10 minutos e 4 segundos de entretemento garantido. Paga a pena dedicarllos.

 

E logo, qué pensas?