AliciaG

O vídeo que triunfa en Facebook ironizando cos estereotipos sobre Galicia

0

Razóns para non ir a Galicia? Esa é a pregunta que se fai esta semana o portal BuzzFeed España, que acaba de publicar un vídeo en que mostra imaxes espectaculares da nosa terra acompañadas de frases que todos os galegos, por desgraza, tivemos que escoitar algunha vez.

Quen non tivo que negar que en Galicia sempre chove? Ou que Galicia non é un destino de praia? E iso a pesar de ser a segunda comunidade autónoma española en quilómetros de costa, só por detrás das illas Canarias. Unha terra chea de maxia, monumentos e natureza.

A ver se este vídeo, que xa leva case 800 mil reproducións e case 34.000 compartidos, axuda a romper estes estereotipos e sexan moitos os que se animen a visitar as nosas cidades, vilas e aldeas. A descubrir que Galicia é algo máis que choiva, que aquí está prohibido aburrirse, que se come e bebe coma en ningún outro sitio e que en realidade vivimos nun paraíso.

E logo, qué pensas?