AliciaG

Os Páramo Pictures empezan o ano ao grande: no Luar e sumando millóns de visitas as súas parodias

0

Os Páramo Pictures empezaron o ano ao grande e con forza por moitas razóns. A primeira, que o fixeron actuando na TVG, no Luar, coa súa última produción, “Vente empacar”, que se aproxima xa ao medio millón de visualizacións. Trátase da versión galega do ‘Vente Pa’Ca’, de Ricky Martin.

Pero a súa entrada quedou totalmente redondeada co exitazo do seu anterior traballo, ‘Préndeme o boi’, no que pretendían darlle ideas a Enrique Iglesias para o seu videoclip ‘Duele el corazón’. O certo é que non lles fixo moito caso, pero como compensación ‘Préndeme o boi’ converteuse no seu segundo traballo deste peculiar grupo con máis visualizacións, acumulando ata a data máis dun millón.

De feito, só ‘A Bertolina’, que vén ser a ‘Adrenalina’ de Ricky Martin en versión galega, superou esa cifra de visitas, con máis de dous millóns a día de hoxe. Preto do millón está tamén, aínda que non chegou,  o ‘Ferti Mon’, a versión enxebre de ‘Wrecking Ball’, de Miley Cyrus.

 

 

 

E logo, qué pensas?