AliciaG

Vídeos máis vistos en YouTube en España e no mundo: 723 millóns de veces

0

Cando o ano se pon xa algo parvo porque chega ao seu final aparecen as listas. Por todas partes e de todo tipo. Unha das últimas e a dos vídeos mais vistos na plataforma youtube ao longo de 2015, tanto en España como no mundo.

Entres os dez vídeos máis visto planeta non hai ningún español. Son os seguintes, en orde ascendente. En total, estos dez vídeos tiveron 530 millóns de visualizacións. Case nada.

10. Mean Tweets. Obama. O presidente dos Estados Unidos le no programa do televisivo Jimmy Kimmel chíos en que o poñen realmente a caldo, críticos e ata despectivos. Encaixa con naturalidade.

Visualizacións ata hoxe: 34.545.661

09. Dover Police DashCam Confessional (Shake it Off). Un policía de Denver desmelenado (é un dicir, porque apenas ten pelo) no interior do seu coche patrulla a ritmo de  Shake it off mentres conduce. Gravouno a cámara do propio vehículo. En España, se o colle Tráfico, serían un par de puntos e 300 euros, polo menos.

Visualizacións (ata hoxe):  37.699.486

08. Golden boy Calum Scott hits the right note | Audition Week 1 | Britain’s Got Talent 2015. Callum Scott é un mozo cunha voz prodixiosa que ata conseguiu abrandar o sempre duro Simon Cowell  (o Risto Mejide inglés, ou ao revés) no programa británico de talentos Britain’s got Talent.

Visualizacións (ata hoxe): 38.915.978

07. 6ft Man in 6ft Giant Water Balloon – 4K – The Slow Mo Guys. Unha desas parvadas enxeñosas que corren que se matan polas redes sociais. Un tipo métese nun globo mentres este gaña volume a golpe de enchelo e auga. Ao final o globo, obviamente, rebenta. A reprodución a cámara lenta do rebentón é a guinda final.

Visualizacións (ata hoxe): 40.908.926.

06.  Justin Bieber Carpool Karaoke. Outra de coches,  música e karaoke, pero esta preparada dentro do programa The Late Late Show, con James Corden. Non ten a graza do vídeo do policía de Denver, pero claro, falamos de Justin Bieber.

Visualización (ata hoxe): 43.646.033

05. Lip Sync Battle with Will Ferrell, Kevin Hart and Jimmy Fallon. Novo vídeo dun programa televisivo, este estadounidense,  The Late Show con Jimmy Fallon. El mesmo xunto a  Will Ferrell y Kevin Hart imitan a cantantes como Beyonce y Kelly Clarkson.

Visualizacións ata hoxe: 54.595.508

 

04.  Love Has No Labels | Diversity & Inclusion | Ad Council. Amor sen etiquetas. Diversidade e integración. Emotivo. Sorprendente. Cargado de valores. Gravouse o día de San Valentín.

Visualizacións ata hoxe: 55.488.569

03. Crazy Plastic Ball PRANK!!. E chegamos por fin ao podio. O terceiro posto é para Roman Atwood, un pai que enche o salón de súa casa de pelotas para gozo dos seus fillos e sorpresa maiúscula da súa parella cando chega á casa.

Visualizacións ata hoxe: 56.901.258

02. Clash of Clans: Revenge (Official Super Bowl TV Commercial). A presenza do ultimamente duro Liam Neesom e o seu lanzamento por parte da Super Bowl son os principais motivos que explican que este vídeo sobre o xogo Clash of Clans: Revenge ocupe este lugar no podio.

Visualizacións ata hoxe: 87.021.311

01. Silento- Watch Me (Whip/Nae Nae) #WatchMeDanceOn. O gañador absoluto, con 30 millóns máis de visitas ca o segundo vídeo do podio, é o destas rapazas interpretado a  coreografía do clip Watch Me, do rapero Silento.

Visualizacións ata hoxe: 117.712.790

 

Para rematar, e como guinda, un vídeo de algo mais de 21 minutos do director Luc Bergeron no que a partir doa 506 vídeos máis vistos en youtube en 2015 fixo un de resumo en que empregou 260 horas. Merece moito a pena.

 

 

OS MÁIS VISTOS EN ESPAÑA

E agora os vídeos mais vistos en España, entre os que aparecen tres youtubers. No caso de España, ao contrario da lista mundial e ao que ocorría outros anos, os criterios cambiaron. Elexiron os vídeos que marcaron tendencia, pero non só en función dos visionados, senón tamén no tempo que lle dedicou cada persoa que viu ou a cantidade de ‘gústame’ acumulado. Hai, polo tanto, vídeos con menos visualizacións que están mellor posicionados ca outros con menos en función precisamente da tendencia marcada. En todo caso, suman case 193 millóns de visualizacións.

 

1. Vale. Corto publicitario dirixido por Alejandro Amenábar, con Dakota Johonson y Quin Gutiérrez, para Estrella Damm

Visualizacións ata hoxe: 6.266.274

2. La cumbre Escarlata. Tráiler de la película ‘La Cumbre Escarlata’, dirixida por Guillermo del Toro.

Visualizacións ata hoxe: 5.369.929.

3. Charlie Charlie Challenge. Por primeira vez un vídeo de un youtuber, neste caso El Rubius, alcanza o podio dos máis vistos en España. El famoso youtuber, axudado por dous amigos inicialmente invisibles, xoga cos espíritos.

Visualizacións ata hoxe: 19.363.365.

4. El temazo de Ylenia. Outro youtuber español na lista, o catalán AuronPlay, hipercrítico cun tema de Ylenia Padilla, coñecida pola súas aparicións en programas de contido rosa. Sen piedade algunha.

Visualizacións ata hoxe: 5.299.512.

5. Planeta Vegetta: Una gran aventura nos espera. Traballo de vegetta777, o último youtuber que coloca un dos seus vídeos entre os máis populares en España.  Vegetta777 é o segundo youtuber con mais seguidores en España, por detrás so de El Rubius.

Visualizacións ata hoxe: 32.730.389

6. Bebe Come Papilla. Vídeo de xoguetes.

Visualizacións ata hoxe: 44.317.383

7. Five nights at freddy`s rap. Rap dos youtubers Zarcort e Kronno.

Visualizacións ata hoxe: 37.996.979

8. Mensaje de Frank de la Jungla. Frank de la Jungla envía unha mensaxe a Christian Gálvez polo seu programa de animais en Telecinco.

Visualizacións ata hoxe: 2.979.565.

9. ¡Conéctate al verano en Clan con Pocoyó! ♫ La canción del verano

Visualizacións ata hoxe: 6.393.837.

10. Rita Barberá y “El Caloret”.  Montaxe musical de @ivanlagarto a partir do caloret co que Rita Barberá sorprendeu a toda España durante as fallas deste ano, cando aínda era presidenta de Valencia.

Visualizacións ata hoxe: 2.225.225.

E logo, qué pensas?