AliciaG

Festa Langosta

A Gran Farta Galega… e outras películas

Arranca xa a Gran Farta galega, que ten de todo, tamén algo de cinematográfico. Como a película de Ferreri do mesmo título, aquela na que Marcello Mastroianni, Ugo Tognazzi, Michel Piccoli e Philippe Noiret xúntanse unha fin de semana para levar a cabo un suicidio gastronómico colectivo a golpe de cochiño, queixos, galiña, xamón, caviar… Evidentemente, […]

0
IMG-20160613-WA0006

A proposta galega para converter as azoteas de Barcelona en corredores verdes triunfa entre os arquitectos cataláns

O miradoiro a Pedra da Ra de Ribeira, do arquitecto Carlos Seoane, e a enxeñosa proposta de dúas mozas galega para converter as azoteas de Barcelona en corredores verdes acaban de triunfar na última edición dos premios Fad e os premios Habitácola, os máis lonxevos e recoñecidos en España e Portugal nas súas respectivas categorías. […]

0
lobo johannes Stötter

Este lobo pode facer que tolees… sobre todo cando empece a moverse (vídeo)

Mírao ben de novo. Ves un lobo, verdade?… …pois non o é, porque en realidade o que ves é unha obra de arte en que, ademais do artista, participan tres mulleres (no vídeo que segue a continuación podes comprobalo). Máis abaixo poderás ollar tamén un camaleón ou unha ra. E só despois de saber que, […]

0
Avoa de Galicia

Dúas mulleres de Ourense e Camariñas, entre as seis persoas con máis idade de España: 111 e 110 anos… e pico

Unha muller da Ponte do Porto, en Camariñas, é a día de hoxe a cuarta persoa máis anciá de España, segundo ten verificado o Gerontology Research Group, un grupo internacional de investigadores e buscadores de supercentenarios (de 110 anos ou máis) formado por arredor de 500 membros espallados por todo o mundo. Chámase Avelina Mouzo […]

0
Brezinsky

Brezinski: o artista que rescata o puntillismo para facer tatuaxes surrealistas que semellan cadros de Dalí

O primeiro e o seu principal expoñente foi o francés Goerges Seurat. Logo seguírono Paul Signac, Saul Henri-Edmond Cross, Yael Rigueira, Chuck Close ou Vlaho Bukovac. Son os puntillistas por excelencia, pero non os únicos: ata Vincent Van Gogh utilizou esta técnica en algúns dos seus cadros, entre eles algún autorretrato. Pois anos despois, case […]

0
wladimir e balan

Seis “raros” entrañables: do vampiro de Pontevedra ao dandi da Coruña e da “droja en el Cola Cao” ao “veleno puro”

É posible que este artigo chegue tarde, pero a propósito. A idea xurdiu a partir da celebración o mércores pasado do Día do Orgullo Friqui e sobre todo de un atinado e inspirador artigo (coma todos) do blog #SaboreaALingua. En realidade, a súa entrada non estaba dedicada ao día, senón ao anglicismo que lle daba nome, […]

0
la nueve Guernica

Dous galegos liberaron París dos nazis loitando na compañía de republicanos que Francia silenciou durante 70 anos

A recente publicación de “Heroes de días atrás”, o último libro do escritor e diplomático Fernando Schwart, reivindica de novo a incrible e heroica historia de “A Nove”, a compañía formada por un aguerrido grupo de soldados republicanos españois que despois de perder a Guerra Civil fuxiron de España, alistáronse co xeneral Leclerc na forza […]

0
praia da abrela Viveiro The Telegraph

O xornal The Telegraph inclúe Viveiro e as Cíes entre os 28 paraísos escondidos de Europa

O xornal británico The Telegraph fíxolle unha encomenda especial ao seu equipo de expertos en viaxes: que buscasen por toda Europa os paraísos costeiros máis escondidos e fermosos, cunha única condición: que no estivesen masificados. É dicir, que fosen case secretos, aínda que iso a día de hoxe é un imposible. O caso é que […]

0

Dúas mozas galegas propoñen rescatar as azoteas de Barcelona para os veciños converténdoas en corredores verdes

Unha é deseñadora industrial metida ao deseño de interiores. A outra, funcionaria de prisións que tamén se dedica ao audiovisual. E ambas son galegas, de Xinzo de Limia, e compañeiras de piso en Barcelona. Só que agora, ademais de piso e vivencias Cristina Sobrado e Natalia Posada comparten tamén a autoría dunha ambiciosa proposta urbanística […]

0
Captura de pantalla pena trevinca

11 útiles trucos para que sexas un auténtico sabuxo buscando en Google

#AliciaPuntoG penetra con este artigo nun terreo que ata o de agora tiña abandonado, o dos trucos. Neste caso non son propios, senón copiados a Millán Berzosa, o responsable de Google Lab para España e Portugal  que a semana pasada se deixou caer por Ourense para participar nun foro do periódico La Región. Alí, ante […]

0

O Ministerio do Tempo tamén se decanta pola orixe galega de Cristovo Colón… e xa van…

Nin xenovés, nin catalán. A serie ‘O Ministerio do Tempo’ apuntouse no seu último capítulo a teoría, cada vez máis estendida, de que Cristovo Colón era galego. Segundo esta teoría, Cristovo Colón sería Pedro Madruga, corsario, señor de Soutomaior e conde de Caminha, que loitou contra os irmandiños e logo contra os Reis Católicos, polo […]

0
Páxinas:123456789