AliciaG

Para xantar? Cocido!

0

Cando xa non contábamos, chegou o inverno. E fíxoo precisamente na época do cocido por excelencia. Alguén podería preguntar por que de excelencia, sendo este un dos menús estrela das xuntanzas familiares case todo o ano. E a resposta é que nestas datas coinciden diferentes eventos que teñen neste prato tan noso a súa razón de ser.

CARTAZ COCIDO 2017

En Lalín fixeron da do cocido  unha Festa de Interese Turístico Nacional, e aproxímase xa ao medio século de vida.  Neste 2017 que comezamos,  celébrase o  19 de febreiro  esta homenaxe ao porco, pero nesta vila xa levan dende mediados de xaneiro co Mes do Cocido, no que participan 27 restaurantes, que preparan ao seu xeito estes pratos para os comensais. Dura ata o Día de San Valentín, que tampouco é mala data para agasallar así ao corpo.

Pero o mes do cocido é un dos variados eventos que foi xurdindo en paralelo a esta festa, que se organiza dende 1969 e que, cada ano, cita a milleiros de persoas que acoden para degustar un dos pratos rei da nosa gastronomía.

 

 

CocidoGallegoUn evento máis recente e máis tecnolóxico, pero que promete ser unha data destacada no calendario gastronómico galaico, é o Día Internacional do Cocido, que está a marcar tendencia. É posible que os menos seguidores de redes sociais teñen despistada esta efeméride pero, si, existe! E neste 2017 está convocado para o sábado 11 de marzo.

Pódeselle facer seguimento nas redes buscando o hashtag #CocidoDay, que xa na primeira edición en 2014 foi trending topic. Pero sen dúbida, o mellor xeito de coñecelo é ser parte activa do evento. Como? É sinxelo. Trátase de organizar un bo cocido –na casa, nun restaurante, coa familia, cos amigos, mesmo un só…– e compartilo no mundo virtual demostrando que é o mellor prato de todo este evento gastrosocial que é o  #CocidoDay.

 

Moitas datas a reservar para os que aplican o dito de que do porco, aprovéitase todo!

 

E logo, qué pensas?