AliciaG

Pracer galego nas mesas de noite de Nova York, Toquio ou Berlín

1

Leva xa máis dun lustro proporcionando pracer coas súas mans. Pracer e terapia, para ser exactos e rigorosos. Con elas, e só con elas, modelou dende 2009 mais de 40.000 dildos, hoxe aloxados en mesas de noite de medio mundo, pero especialmente de Nova York, Toquio, Berlín ou Sydney.

Pero empecemos polo principio. Definindo dildo, un “palabro” ausente dos dicionarios da Real Academia Galega e da Española, importado de Inglaterra (did doul) , empregado alí por primeira vez no século XVII por Ben Jonson o Shekespeare nas súas obras de teatro O alquimista e O conto de inverno e de orixe italiana, concretamente de ‘diletto’ (deleite).  En realidade sobrarían todas as explicacións se tirásemos da RAG ou da RAE para traducilo ao castelán (pene ou pito, falo, verga, vergallo ou carallo, pero tamén bálano, membro, gaita ou nabo, entre outros), pero para que…

Pois xusto iso, dildos (did doul: penes erectos) é o que a emprendedora galega Sabela Dopazo empezou a facer coas súas mans alá polo ano 2009, nada máis estrear o seu titulo de licenciada en Belas Artes. Coas súas mans e con litros, centros de litros, de silicona médica.

Sabela Dopazo xuntouse primeiro cunha compañeira de estudos, Beatriz Higón, e a continuación ambas decidiron xuntar as iniciais dos seus nomes para alumar BS, Atelier de apelido. Así nace BS Atelier, a primeira empresa en España que realiza xoguetes eróticos artesanais, con acento galego e que revolucionaron o mundo ‘hot’ dende un pequeno taller do barrio da Latina, en Madrid. No mundo, explica a propia Sabela Dopazo, pode haber unhas 10 empresas como a que fundou fai xa 6 anos.

“En Belas Artes traballabamos con temática de xénero e coñeciamos o dildo dende un punto de vista educacional e terapéutico. Foi entón cando vimos que había un buraco no mercado de fabricación de dildos artesanais, de forma sustentable, ‘ecofriendly’ e con materiais que non fosen nocivos para o corpo, así que nos lanzamos”, lembra.

E despois empezou todo. Facendo cada peza unha a unha, só coas mans, sen maquinaria ningunha. Unha cada 20 minutos, personalizadas en deseño e color segundo os gustos e as necesidades de cada cliente e en contraposición a superprodución china, capaz de poñer no mercado 50.000 unidades ao mes en cada fábrica, case tantas como BS Atelier leva fabricado nos últimos 6 anos.

A súa innovación non está na fabricación artesán de dildos, que é tan antiga como a humanidade. Basta con lembrar que o consolador (que sería a tradución exacta de dildo, aínda que rexeitada por Sabela Dopazo: “En todo caso “gozador”!!) máis antigo do mundo data do ano 27.000 antes de Cristo, do Paleolítico Superior, é de pedra moi pulida, ten 20 centímetros de largo, 3 de ancho e foi atopado cerca da aldea alemá de Schelklingen.

Non, as innovacións son outras: a primeira, aplicar conciencia de xénero á xoguetería erótica, pois a anterior a BS Atelier non representaba o gusto das mulleres, nin parecía deseñada para as súas necesidades e anatomías. A segunda, os materiais empregados: siliconas e pigmentos médicos, evitando os ftalatos, un produto químico que fai do plástico un material mais flexible. Así, conflúen o arte co  deseño e a calidade do artesán ata arroxar como resultado un produto vangardista, eficaz, único, sostible e cunha perspectiva totalmente feminista.

Pero como diciamos ao principio, son se trata so de pracer, tamén de terapia, pois este pequeno atelier fai xoguetes prescritos para o vaxinismo ou para quen se teña feito una vaxinoplastia.

E por que non vibran? Non o fan porque non son vibradores, senón consoladores ou dildos na súa forma inglesa e porque así o decidiron no seu momento Sabela Dopazo, que actualmente deixou a empresa pero sigue sendo socia fundadora, e a súa compañeira. Así o explicaba a propia Sabela nunha entrevista ao canal Gayles.tv, que a continuación reproducimos en parte por xentileza da propia produtora:

“Cremos que o uso manual da mais renda solta á sexualidade, son mais duradeiros, non contaminan, pódelos utilizar na ducha, non estás pendente das pilas… Vai mais coa nosa forma de entender a sexualidade e a empresa o dildo sen motor, ao que cada un lle da o uso e frecuencia que quere”.

Un comentario

E logo, qué pensas?