AliciaG

Próxima parada: Baiona! Chega o 524 aniversario da arribada da carabela Pinta

0

Galicia é territorio festeiro. Aínda estamos coa resaca do Entroido e a seguinte parada para quen non perde unha é Baiona. Por que? Porque os días 3, 4 e 5 de marzo celebra a Festa da Arribada, polo 524 aniversario da chegada da carabela Pinta a esta vila pontevedresa.

Hai máis de dúas décadas que se decidiu celebrar esta festa, considerada xa de Interese Turístico Internacional, que conmemora a chegada da carabela ao porto de Baiona coa nova do descubrimento de América. Foi o 1 de marzo, pero a celebración faise coincidir coa fin de semana seguinte, para facilitar a participación na mesma.cartel

En que consiste a festa? Basicamente, a zona antiga de Baiona transfórmase nun auténtico poboado medieval, cheo de postos do mercado que se celebra durante dúas xornadas e onde gremios artesanais, comida e espectáculos de malabares, música ou xograres entreteñen ao público.

Faise, tamén, unha reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os demais tripulantes da embarcación fixeron respecto do descubrimento de América ao chegar a este porto, o 1 de marzo de 1493, como participantes na primeira viaxe de Cristovo Colón.

Pero son moitas as actividades que se suceden ao longo dos tres días nesta vila. Mostra diso é que cada ano, milleiros de persoas se achegan a Baiona para tomar parte nesta festa, que  segue sumando adeptos. Xa a coñeces?

E logo, qué pensas?