AliciaG

Santiago de Compostela, segundo destino gastronómico de España

O buscador de voos skyscanner acaba de facer un ranking no que destaca os mellores lugares de España para comer. E tras unha primeira posición obtida por San Sebastián, no País Vasco; é Santiago de Compostela a cidade que se postula como destino gastronómico de calidade.

Neste sitio web, destacan a calidade dos produtos do mar e da horta que se empregan na cociña local, e se ben admiten que é case imposible comer mal en Galicia, aluden a pratos típicos coma o polbo á feira ou a pulpoempanada, como algúns dos máis salientables.

Cáceres, Granada, Madrid, Barcelona, Sevilla, Segovia e Valencia completan a lista dos 10 lugares que os usuarios de skyscanner destacan, dentro do territorio de español, para xantar ou cear ben.

E sabes cales son os dez lugares máis bonitos de Galicia segundo este buscador? A clasificación comeza tamén en Santiago de Compostela: a Catedral. E despois, vai de faro en faro, a Fisterra e a Torre de Hércules, que continúan a lista por esta orde. As viñas das Rías Baixas ocupan un cuarto lugar, que continúan as Illas Cíes, a Praia das Catedrais (Ribadeo), Combarro (Pontevedra) ou o Monte de Santa Trega. Completan a lista os Canóns do Sil, na Ribeira Sacra; e as Fragas do Eume, o bosque atlántico de Europa.

E logo, qué pensas?