AliciaG

Seis concellos galegos teñen praias caninas

A idea de levar mascotas á praia é controvertida. Os cans teñen defensores e detractores en determinados espazos, e por iso se está a regular en que areais teñen cabida os animais. Queres levar á túa mascota á praia? Hoxe é posible facelo en seis concellos galegos, que son os que ata agora teñen confirmado a existencia de espazos aptos para animais.

Aínda que son tres as provincias costeiras, só as do Eixo Atlántico teñen areais dogfriendly, segundo o sitio web Red Canina, que sinalou nun mapa cinco praias pontevedresas e dúas coruñesas. Queres coñecelas?

  • Praias do Espiño e do Portiño (O Grove). Ambas están próximas ao porto deportivo de San Vicente do Mar.
  • Praia da Cunchiña (Cangas). Trátase dun pequeno areal que, segundo o portal Red Canina, non está en bo estado.
  • Praia de Cesantes e Chapela (Redondela). Ao espazo canino de Chapela só se pode acceder con marea baixa. O de Cesantes suma uns 150 metros de praia.
  • Praia o Castelete (Vilagarcía de Arousa). É unha praia pequena próxima á estrada, xa aceptaba cans no verán do 2016.
  • Praia do Areal (Pobra do Caramiñal). Un areal tranquilo para desfrutar coa túa mascota.
  • Praia Canina de Ares (Ares). É unha das máis recomendadas de Galicia por este portal para ir co teu can ou cadela á praia neste 2017.

En toda España son máis de 60 as praias que aceptan mascotas, que estean confirmadas ata o momento. Existen varios concellos que están a estudar a posibilidade de habilitar algún areal canino.

Coñeces algunha outra?

 

E logo, qué pensas?