“Cuíño, cuíño” ou “moza, gústache o pemento?”, lémbralas?. E “voute esnaquizar verme noxento” e “es un pimpín, Son Goku”?
Pois seguro que si. Son algunhas das frase que engancharon os miles e miles de nenos galegos que se foron atopando ao longo da súa infancia e incluso adolescencia con dous dos personaxes máis queridos e á vez controvertidos dos que pasaron pola TVG.
Son os grandes Shin Chan e Son Goku, protagonistas de dúas da series de debuxos xaponeses de máis éxito na TVG e auténticos e eficaces embaixadores durante moitos anos do galego. Pois resulta que agora ambos danse de novo a man para converterse en abandeirados dos xogos olímpicos de Toquio 2020. Xunto a outros personaxes famosos de manga e “anime”, aparecerán en camisetas, chaveiros, gorras… Se che apetece, podes velos na tenda en liña de Toquio 2020.
Shin Chan emitiuse por primeira vez na TVG no ano 2002, ata o ano 2005. Enseguida chamou a atención pola súa linguaxe e polas súas trasnadas, pero tamén pola súa despreocupación e a súa debilidade polas mulleres guapas, pese a súa idade.
Son Goku, que en realidade era o protagonista da serie ‘As bólas máxicas”, tradución ao galego de ‘Dragon ball’, chegou á TVG moito antes, o en febreiro de 1990.
Ambos, Shin Chan e Son Goku, fixeron tanto polo galego, debido ao éxito das súas series entre os máis novos, que lle estaremos sempre agradecidos. Aínda que as veces a algúns os irritaba tanto como a súa propia nai, principalmente polas súas trasnadas, en ocasións violencia, e a súa linguaxe non sempre politicamente correcta, senón máis ben todo o contrario.
E logo, qué pensas?