AliciaG

Stephen Hawking fica na fin do mundo

0

O físico Stephen Hawking visitou Fisterra alá polo mes de setembro de 2008. Foi coincidindo coa súa estadía en Galicia para recoller o I Premio Fonseca de Divulgación Científica e a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.

Neste paso pola comunidade, pasou unha xornada en Fisterra. E esta vila situada na fin do mundo decidiu que Hawking permanecese, para sempre, alí. Por iso, inaugurou a praza Stephen Hawking, que recorda ao científico no cabo Fisterra, un dos lugares máis visitados do país.

A placa recorda unha frase que deixou escrita o físico no libro de honra do Concello de Fisterra: “Gocei a miña viaxe á fin do mundo, que fermoso lugar”, palabras coas que o científico resumiu a beleza que atopou ao seu paso por Galicia.

Foto interior

E quizais por iso, non foi a única vez que visitou a comunidade, aínda que as súas estadías posteriores foron breves –son coñecidas as dos anos 2014 e 2015 en escalas de cruceiros–. Iso si, tendo en conta que recomendou ao seu asistente persoal a cidade de Santiago de Compostela para a súa viaxe de voda, de entre todos os lugares do mundo que coñece, semella que podería regresar en calquera momento!

E logo, qué pensas?