AliciaG

Artigos por etiqueta / Tendencias

O 15 de xuño é o Día Mundial das Tapas!

Si, existe oficialmente o Día Mundial das Tapas. E contra todo prognóstico non é un invento galego, malia que somos expertos en buscar escusas ata debaixo das pedras para organizar calquera cousa relacionada co comer. Saborea España, unha asociación integrada por varios colectivos gastronómicos e hostaleiros do Estado, fixo do gusto polas tapas un ‘día […]

0

A moda do medio pantalón?

En cuestións de moda, poucas cousas sorprenden! E cando xa estamos acostumados a mercar pantalóns con algún roto -malia escoitar críticas ao respecto, porque todos escoitamos algunha-, xurde algunha celebrity que supera, pero moito, ese concepto. Non sabemos se se lle foi a man coa tesoira, e asumiu o erro de cálculo con naturalidade. Pero […]

0

Faino ti!

Do it yourself!, que se traduce ao galego como faino ti mesmo!, é un movemento que consiste na fabricación ou reparación de cousas na casa. Naceu como unha tendencia asociada á loita anticapitalista, pero hoxe é unha realidade que vai máis alá e que entra en boa parte das habilidades creativas da sociedade. Artesanía, arte […]

0

‘Running’ ou ‘cycling’?

Facer deporte está de moda.  E, coma en case todo, unha vez que se perde o fío, é precisa unha fase de reciclaxe para retomar a actividade. No que a deporte se refire, máis que unha formación física de posta a punto, que tamén, hai que facer un exercicio de idiomas para saber a que […]

0

A Coruña: única cidade española entre as 10 do mundo que serán tendencia este ano

A Coruña é a única cidade española que aparece na listaxe de urbes emerxentes para este 2016, elaborado polo comparador de voos, hoteis e alugueiro de coches Skyscanner. Despois dunha procura por todo o globo terráqueo, o buscador seleccionou 10 cidades que van estar de moda, si ou si,  no 2016, e que polo tanto […]

0

AliciaG, a piques de entrar na toba

De RedCO3 “Apenas sei, señora, quen son neste momento. Si sei quen era ao levantarme esta mañá, pero creo que cambiei varias veces dende entón” Alicia á eiruga azul no capítulo V de Alicia no país das marabillas. Ben, por fin aquí. Coma ela daquela, hai 150 anos, a  piques de entrar xa na toba […]

0