AliciaG

Tanto se che gustan coma se aborreces os zombis, tes que ver este vídeo: como cambiaron nun século

0

Un único actor, un experto equipo de maquilladores e botes e botes de maquillaxe amosan en só 2,40 minutos a evolución estética dos zombis ao logo do último século. O espectacular e moi traballado vídeo foi publicado por Top Trending en YouTube hai seis días e xa acumula cerca de 1,5 millóns de visitas. Un vídeo que amosa as asombrosas posibilidades do maquillaxe e que resultará unha delicia para os amantes do xénero.

O repaso detense en 7 mortos vivintes que fixeron historia, empezando polo primeiro que deu o salto ao cine na película White Zombie, no ano 1932.

O segundo zombi do vídeo remítenos ao ano 1968 e concretamente a icónica película “A noite dos mortos viventes“, de George A. Romero.

O terceiro, que se chama “Viral Zombie 1966“, correspóndese co da saga Resident Evile, lanzada ese mesmo ano.

A partir de agora, prodúcese un cambio substancial. “Rabid Zombie 2002” é un morto vivente rabioso, que vomita sangue infectada e corre. Estamos vendo o zombi de “28 días despois”.

Sobre o quinto zombi do vídeo, denominado “Biter 2010“,  non hai dúbida: basta con ver como morde para recoñecelo como un dos  protagonistas de “The Walking Dead”.

O sexto é o zombi de Guerra Mundial Z, a película que protagonizou Brad Pitt en 2013. E remata o vídeo cun zombie de última xeración, “Dying Light volatile 2015“: ten algo de vampiro, porque non aguanta a luz natural, pero é moito máis forte que todos os anteriores, salta e gabea.

E logo, qué pensas?