AliciaG

John Travolta chega confundido a Ourense e á Cidade da Cultura

0

Vicent Vega, personaxe de Pulp Fiction interpretado por John Travolta, acaba de aterrar tamén en Galicia. Que se saiba, ata hoxe foi visto na Cidade da Cultura e nun desconcertante cruzamento de camiños da provincia de Ourense, entre esta cidade e Monforte. En realidade, un cruzamento tan confuso como o propio Travolta na escena da película de Tarantino que se converteu en viral dende fai uns días.

Para realizar o gif utilízase unha parte da escena de Pulp Fictión en que Travolta, no papel de Vicent Vega, entra na casa de Mia Wallace (Uma Thurman). Xa dentro da vivenda, entre confundido e desnortado trata de dar con ela porque non consigue vela pero si a escoita.

Agora, con esa mesma actitude, de confusión, asombro e despiste, pode verse a Travolta ante a Cidade da Cultura ou ben na provincia de Ourense, fronte a dous sinais de tráfico que se contradín.

En realidade, dende hai uns días é posible ver esta escena da Pulp Fiction, con Travolta como único protagonista, en infinidade de contextos distintos e baixo o hashtag #ConfusedTravolta (Travolta confundido).

Pese a esta recente viralidade, a montaxe orixinal ten xa tres anos, cando foi creada por karmafrapuccino baixo o título: “Cando es o primeiro en chegar a unha festa”. Dende entón suma xa preto de 1.700.000 visualizacións.

Pero quen puxo o gif de novo sobre a mesa foi outro usuario, ILikeToWonkaMyWilly , hai pouco máis dun mes, a principios de novembro pasado, a través de Imgur, plataforma para a difusión de vídeos en internet. Nesta nova creación vese a Travolta perdido nun centro comercial, rodeado de monecas a un lado ao outro, e baixo o título: “Pregunteille a miña fixa que era o que quería para Nadal, e ela dixo: unha moneca”.

En pouco máis dun mes, este gif xa superou en visualizacións ao orixinal, sumando a día de hoxe algo máis de 6 millóns.

Dende entón non pararon de sucederse as versións: Travolta con Dilma Rousseff, nunha clase, nun vestiario, no traballo, ás portas do ceo, en medio dun tiroteo ou no debate entre Pedro Sánchez e Mariano Rajoy.

giphy

Vicent Vega, personaxe de Pulp Fiction interpretada por Travolta, nun cruzamento de camiños entre Ourense e Monforte. Vía media.giphy.com

giphy

Travolta,  totalmente confundido, ante a Cidade da Cultura, en Santiago. Vía dhogsfilme.com

M2bZq - Imgur

Gif orixinal, creado hai 3 anos por karmafrapuccino co título: “Cando es o primeiro en chegar a unha festa”. 1.700.000 visualizacións.

giphy

Hai pouco máis dun mes, ILikeToWonkaMyWilly reinterpretou o gif orixinal deste xeito. Travolta tentando comprar unha moneca para a súa filla. Ten 6 millóns de visitas.

giphy

Unha das moitas versións que circulan nas redes: Travolta con Dilma Rousseff.

 

Travolta, onte mesmo, asombrado e confundido, no cara a cara entre Pedro Sánchez e Mariano Rajoy. Vía Roberto Román Ortiz.

E logo, qué pensas?